Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda ultima coa Xunta Directiva de Vigo a campaña de autonómicas

    • "Pode ser que, como din, chegamos máis frescos ca eles, pero é porque discutir e estar todo o día en conflitos ten que ser agotador”, explicou o presidente provincial. 

     

    Vigo, 29 de agosto de 2016.- O presidente provincial do PP Pontevedra, Alfonso Rueda, presidiu esta tarde unha reunión de coordinación da campaña electoral das autonómicas nas que ademais do presidente local, José Manuel Figueroa, e a voceira do PP de Vigo, Elena Muñoz, participou a Xunta Directiva do PP local e os candidatos populares da cidade.

    Rueda comentou que o PP desenvolverá unha campaña intensa, con algún acto grande pero sobre todo pegada á rúa, falando coa xente e explicando non só o programa electoral senón tamén facendo balance de todo o que avanzou Galicia nestes últimos anos.

    O PP intensificará desta maneira o labor que vén realizando durante todo o verán. “Cada un dedicou as últimas semanas ao que quixo. No Partido Popular decidimos seguir traballando, outros decidiron empregar o seu tempo en liortas”. Por iso sinalou que “pode ser que, como din, chegamos máis frescos ca eles, pero é porque discutir e estar todo o día en conflitos ten que ser agotador”.

    Criticou que fronte ás propostas do PP o único que ofrecen o resto de partidos é ir contra Feijoo e apuntou que “ir contra Feijóo despois destes anos duros é ir contra 83.000 parados menos, contra case dous anos de crecemento económico consecutivos, contra a eliminación do imposto de doazóns e de sucesións, contra a comunidade autónoma que fixo máis investimentos, contra o goberno que duplicou as axudas sociais... Iso é ir contra Feijóo, contra o PP pero sobre todo contra todos os cidadáns”.