Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Pontevedra homenaxea en Lalín a ex alcaldes e ex concelleiros da provincia

    Este domingo con Alberto Núñez Feijóo

    • Alfonso Rueda sinala que “entre todos facemos da nosa unidade unha rocha sólida, duradeira e inquebrantable”.
    • Os populares reunirán na Carballeira do Rodo a preto de 500 persoas.

     

    Pontevedra, 01 de setembro de 2016.- O Partido Popular de Pontevedra reunirá este domingo en Lalín a preto de 500 ex alcaldes e ex concelleiros de todos os concellos da provincia. Trátase de unha homenaxe que os populares queren render a todas as persoas “que deron moito a cambio de nada, que sacrificaron anos pero sobre todo momentos particulares das súas vidas por este partido”, explica o presidente provincial Alfonso Rueda.

    O acto, que tamén contará coa participación do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, celebrarase na Carballeira de Rodo. Alfonso Rueda recorda que a maior potencia do PP radica na súa estrutura municipal, nos seus alcaldes, nos presidentes locais e en cada un dos seus concelleiros e afiliados, e por este motivo entende que é de xustiza homenaxear ás persoas que, aínda que abandonaron a política activa, nunca abandonaron nin os seus ideais nin ao seu partido. “Son o noso referente máis importante, os que nos achegan á realidade dos cidadáns e os primeiros que trasladan a nosa mensaxe de partido por cada un dos recunchos desta provincia”, sinala.

    Segundo Rueda, “o Partido Popular formámolo todos, os que estaban, os que estamos e os que aínda van vir. Entre todos facemos da nosa unidade unha rocha sólida, duradeira e inquebrantable”. Nesta liña, o presidente provincial salienta que “cando o que están de moda son as pelexas internas, as liortas e os boicots entre compañeiros dun mesmo partido, nós optamos polo que nos caracteriza e nos representa, optamos polo que nos fai diferente, optamos por estar xuntos”.