Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Poio solicita un Paseo desde Combarro ata A Seca

    • Recordan que tanto esa senda como a de Campelo estabba recollido no programa dos populares para as eleccións municipais.
    • Entenden que son dúas actuacións distintas, xa que o de Campelo-A Seca ten outras esixencias ambientais, ao ser con terra batida.
    • A actuación estaría financiada por Costas, dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

     

    Poio, 1 de setembro de 2016.- Integrantes do grupo municipal do PP de Poio ofreceron hoxe unha rolda de prensa nas inmediacións da recta da Pinela para presentar unha proposta que, aínda que xa figuraba no programa para as eleccións municipais, volve a estar de plena actualidade: Unha senda entre Combarro ata A Seca que, en palabras do voceiro popular para Combarro, Cándido Muíños, “solucionaría varias cuestións pendentes do noso municipio”.

    En primeiro lugar, segundo o edil popular, esta senda contribuiría a «crear un entorno máis humano para veciños e visitantes», e lembrou a proposta electorial do pasado maio, na que o PP postulaba un conxunto de actuacións que unirían «o Mosteiro e A Seca, e esta con Campelo e Combarro». Así, o concelleiro popular indicou que, unha vez comeza a primeira fase entre A Seca e Campelo, «sería interesante comezar a xestionar as actuacións precisas opara unir Combarro e A Seca».

    Para Muíños, este paseo entre Combarro e A Seca representaría «un auténtico balcón ao mar», permitindo ós paseantes desfrutar dunhas vistas impresionantes: «O propio porto de Campelo, a lonxa, a praia e a ensenada de Lourido e a fachada do conxunto histórico de Combarro».

    «Mesmo agora hai moitos turistas que se deteñen neste punto», explicou Muíños, «para observar a laboura das mariscadoras ou a actividade nas bateas», polo que un paseo deste tipo axudaría a realzar este atractivo turístico «e a desestacionalizar o sector, contribuíndo á hostalaría e ó comercio».

    Ademais, segundo explicou o edil combarrés, «o longo deste verán poidemos comprobar que o déficit de prazas de aparcamento do noso concello, e particularmente na zona máis turística, foi a peor», de feito que este paseo «debería ter outras características, combinando zonas de lecer con zonas de estacionamento», o que contribuiría a mitigar un dos principais problemas de mobilidade de Poio.

    «Pero a mellora non se llimitaría a beneficiar o turismo e a hostalaría», indicou Muíños, xa que ao unir na práctica as parroquias de Combarro e San Xoán e proporcionar un incomparable mirador ao mar para todo o concello, esta actuación «cambiaría Poio a mellor irrevocablemente e proporcionaría un nexo de unión e un novo punto de referencia para todos os veciños».

    «Se Combarro pode crecer cara algures é en dirección á Seca», indicou Muíños, e recalcou que esa simbiose é algo que «veciños, asociacións e mesmo o concello xa está a poñer en práctica, utilizando a esplanada ou as instalacións da Seca como extensión natural para as actividades que se desenvolven en Combarro: «Como aparcamento, zona de acampada...», polo que a actuación que propón o PP sería facer realidade o que a meirande parte dos veciños xa senten.

    O popular insistiu na prioridade de esta actuación para ir negociando cos propietarios a disponibilidade de terreos, etc... «para poder chegar ás reunións coas administracións co traballo feito para poder axilizar estas actuacións», e explicou que «a meirande parte das veces que o concello se reúne con outras administracións, estatais ou autonómicas, vai co traballo sen facer e finalmente a meirande parte dos proxectos quedan no caixón».

    Muíños incidiu no «clamoroso déficit» de investimentos e proxectos que sofre Combarro por parte do goberno bipartito e explicou que «pese a impresión xeralizada de que a nosa parroquia ten un trato preferente, en realidade é a gran olvidada polo Concello», e que depende da labor de «veciños, asociacións, hostaleiros e outros traballadores e empresarios... que son os verdadeiros impulsores da práctica totalidade do que se fai en Combarro», e pediu que o Concello, «despois de 21 anos de desprezo á parroquia»,  leve a cabo un proxecto como este: «é de xustiza».