Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda: “este partido sigue e seguirá sendo o primeiro de Galicia polos que estiveron, estamos e polos que estarán”

     

    •  O PP de Pontevedra reuniu a máis de 500 ex alcaldes e ex concelleiros da provincia en Lalín.
    • “Todo o que da o testigo segue aí, e esa é a forza que temos sempre”, sinala.
    • Di que “ter ao mellor candidato non é suficiente, por enriba de todo fai falta o que hoxe está aquí, a unión que nos caracteriza e traballar todos xuntos para conseguir esa maioría”.

     

    Lalín, 04 de setembro de 2016.- O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, puxo en valor esta mañá a importancia da unidade do partido, e sinalou que “segue e seguirá sendo o primeiro de Galicia polas persoas que estiveron, polos que estamos e polos que estarán”.

    Foi durante a homenaxe que o PP provincial fixo a máis de 500 ex alcaldes e ex concelleiros da provincia, no que tamén participou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e a candidatura dos populares pola provincia. Alfonso Rueda destacou que “os noso rivais sempre din que temen á infantería do noso partido, a quen da todo a cambio de nada, e eses sodes todos vós”.

    Alfonso Rueda destacou que na presidencia provincial do partido, antes que el estiveron Rajoy, Cuíña e Rafael Louzán, e o importante é que “todo o que da o testigo segue aí, ao igual que nos concellos da provincia, e esa é a forza que temos sempre”. Nesta liña, anunciou que con todos eles, con todo o traballo e toda a humildade, a maquinaria do Partido Popular para o 25 de setembro xa está en marcha. “Non é mérito do que está en cada momento, é mérito de todos”, engadiu.

    O presidente provincial tamén criticou que “hoxe parece que ter sentido común e gañar unhas eleccións, ter o apoio das persoas unha e outra vez, xa non vale nada e o único que ten mérito é acabar de chegar e dicir disparates”. Fronte a eles, presumiu de que “o PP ten o mellor candidato, dito por nós e tamén por eles”, pero recordou que “isto non chega, non é suficiente. Por enriba de todo fai falta o que hoxe está aquí, a unión que nos caracteriza e traballar todos xuntos para conseguir esa maioría absoluta”.

    Ademais do presidente provincial e do rexional, participaron tamén o conselleiro de Cultura e Educación e candidato de Lalín, Román Rodríguez; o presidente local e senador José Crespo; o ex alcalde de Mos, Justo Ballesta; e o ex alcalde de Ponteareas, Pepe Castro, a quen lle devolveron hoxe o seu carné de afiliado ao Partido Popular.