Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O programa do PPdeG, o único con garantía de cumprimento e no que Pontevedrá terá unha presenza fundamental

    Alfonso Rueda, Jacobo Moreira, Maribel Novo e Gerardo Pérez, valoran o programa de Alberto Núñez Feijóo de cara ao 25S,

    •  É un programa feito dende o realismo, porque non é para dar titulares na campaña, é para gobernar”
    • “Non hai forma de imaxinar un programa de goberno alternativo porque non o hai. A única proposta das outras formacións é botar a Feijóo”

     

    Pontevedra, 5 de setembro de 2016.- “Contamos co único programa de todos os que concorrerá ás eleccións que pode ter garantía de cumprimento e no que Pontevedra terá unha presenza fundamental”, así o sinalou hoxe o presidente local do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira, durante a rolda de prensa na que estivo acompañado polo presidente Provincial, Alfonso Rueda, e os candidatos, Maribel Novo e Gerardo Pérez.

    “Un documento que é froito do traballo realizado durante os últimos tres meses, no que participaron máis de 40 membros relevantes do noso partido, tanto do goberno como da executiva e do grupo parlamentario, todos eles coordinados polo noso voceiro no Parlamento de Galicia, Pedro Puy”, destacou, “durante este tempo reuníronse con un número importante de asociacións, de entidades e de colectivos, e tomouse con eles un compromiso fundamental: non mentirlles, non comprometer nada que non esteamos en condicións de cumprir”, engadiu.

    “É un programa feito dende o realismo, porque non é para dar titurlares na campaña, é para gobernar”, manifestou Jacobo Moreira, “os programas do resto das forzas nunca serán aplicados, e sábeno. Saben que só poderán cumprir, con sorte, a parte que corresponda aos departamentos que se sorteen no reparto de cartos que farán se Alberto Núñez Feijóo non obtén maioría para gobernar”.

    Neste sentido, Jacobo Moreira puntualizou “as propostas de sanidade ou de cultura do PSOE ou Mareas quedarán nun caixón se quen ocupa esas consellerías é o bloque e viceversa”. “Non hai forma de imaxinar o seu programa de goberno alternativo porque non o hai. A súa única proposta é botar a Feijóo aínda que para iso primeiro terán que poñerse de acordo entre eles, e incluso, poñerse de acordo dentro dos seus propios partido”, salientou.

    “Aínda queda moito por facer, pero En Galicia Si hai bases e posibilidade de ter un goberno estable coa maioría suficiente para sacar adiante estas reformas e poñer o país en marcha”, manifestou Jacobo Moreira quen avanzou que “o vindeiro mércores, o presidente Feijóo, o noso candidato vai estar aquí para explicar polo miúdo esas medidas específicas que temos en proxecto para Pontevedra”.

    “Este programa é un si a Galicia, pero tamén é un si a Pontevedra, pois este documento contempla propostas e actuacións concretas para a nosa cidade”, apuntou, “seguiremos apostando polos proxectos xa encamiñados, polo Gran Montecelo, pola mellora do saneamento, polo novo edificio xudicial de A Parda, polo apoio a un novo PXOM, pola reorientación do edificio de Benito Corbal, polo impulso da intermodalidade entres as estacións de bus e tren e polo cumprimento dos compromisos de Fomento en materia de infraestruturas, como a ampliación da ponte de Rande, que beneficiará a moitos pontevedreses, ou a circunvalación da cidade”, sinalou o presidente local.

    PROGRAMA DE TRANSFORMACIÓN COA VISTA POSTA NO 2020

    O goberno de Feijóo leva anos deseñando un programa de transformación de Galicia coa vista posta no 2020. E nesta liña, aprobouse un Plan Estratéxico da economía ata este ano. Están a desenvolverse plan sectoriais nos ámbitos da innovación coa Estratexia de Especialización Intelixente; a sanidade, coa Estratexia SERGAS 2020; a industria, coa Axenda de Competitividade Industrial ou o rural, co Programa de Desenvolvemento Rural. Tamén na vivenda, na modernización tecnolóxica, na inclusión social, na internacionalización, no comercio ou na atención a persoas con discapacidade.

    “O noso programa é certo que non inventa nada novo, porque non nos gusta improvisar”, destacou Moreira, “trátase dun programa que concreta as liñas marcadas e busca completar un traballo que se sostén sobre os avances dos últimos anos, e diso en Pontevedra sabemos ben”.

    CONSOLIDAR E COMPLETAR A GALICIA PRÓSPERA E SOLVENTE

    A senda do crecemento do emprego xa está acadada, “o seguinte reto é mellorar a calidade dese emprego e por iso propoñemos que ao longo dos próximos anos 50.000 empregos temporais se convertan en indefinidos”. O paro xuvenil baixou máis de 6 puntos dende o inicio da lexislatura, “agora queremos axilizar a inserción laboral dos nosos mozos proporcionando orientación laboral durante a formación e creando bolsas que lles permitan adquirir unha experiencia laboral inicial”.

    O paro de longa duración tamén está en descenso, “agora compre poñer en marcha medidas para que a situación destas persoas non se volva a repetir. Apostamos por unha nova Lei de Emprego de Galicia que repense o actual servizo público de emprego para lograr atopar un posto de traballo ás persoas anotadas no paro”.

    As conta públicas están ordenadas, o seguinte paso será reducir a débeda e que o 80% do orzamento siga dedicándose a gasto social. “A nosa posición de solvencia permítenos esixir do Estado rebaixas fiscais como a do IVE dos produtos sen gluten, dos pañais ou dos produtos de hixiene feminina”, puntualizou.

    SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E EDUCACIÓN

    A sanidade e os servizos sociais conseguiron manterse durante os anos de crise e ampliarse con novas infraestruturas e novas tecnoloxías, “agora temos que dar un paso máis e transformar a propia concepción do sistema”, sinalou, “apostamos por empregar os novos recursos tecnolóxicos para facilitar a atención domiciliaria dos nosos maiores e dos enfermos crónicos. Queremos facer posible que estas persoas poidan recibir servizos preventivos, de control da saúde e de seguimento, sen o trastorno que lles supón os continuos desprazamentos”.

    Para iso, o PPdeG puxo en marcha os medios precisos como a teleasistencia, a consulta telefónica, o fogar dixital, o acceso a internet ou os servizos de monitorización. “Agora debemos reorientar o sistema para impulsar esa atención”, destacou.

    No ámbito da educación, máis de 100.000 alumnos de toda Galicia teñen acceso a unha formación plurilingüe ou as novas tecnoloxías que antes só estaban a disposición dos máis ricos.

    Por outra banda, nestes anos se configurou toda unha rede de servizos e de beneficios para ter fillos en Galicia e agora “toca consolidar ese rede a través dunha Lei de impulso demográfico que blinde ou amplíe o existente: tarxeta benvida, escolas infantís e o Bono Concilia. Ademais de formular novas medidas adaptadas a realidades específicas como os menores con discapacidade ou as familias monoparentais.

    MODELO TERRITORIAL E AMBIENTAL

    Coa aprobación das Directrices do Territorio e da Lei do Solo, coa implantación do transporte metropolitano nas cidades ou coa construción de 45 novas depuradoras, o noso modelo territorial e ambiental mudou radicalmente. “Agora temos  completar este modelo coa aprobación do Plan Básico Autonómico, coa posta en marcha das estación interdentais como a de Pontevedra, coa coordinación dos transportes a través dun billete único, coa execución de máis de 170 sendas ciclistas e peonís ou coa aprobación de nova normativa sobre mobilidade, patrimonio natural ou o ciclo integral da auga.