Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Poio faise eco das queixas dos usuarios pola non execución da anunciada mellora do campo da Reiboa

    •  A concelleira de deportes anunciou que durante verán realizaríase unha obra de mellora cun investimento por valor de 60.000 € procedentes do Plan Concellos.
    • Xogadores de equipos de fútbol locais e pais de alumnos das escolas deportivas e de clubes protestaron conforme pasaba a temporada estival e a mellora non se levaba a cabo.
    • Usuarios e veciños explicaron ó voceiro popular Ángel Moldes que ó non realizarse durante o verán, ou ben se executa durante a temporada –inutilizando o campo- ou xa non se fará.

                                                                           

    Poio, 7 de setembro de 2016.- O voceiro do PP de Poio Ángel Moldes explicou hoxe as queixas recibidas por parte de usuarios do campo de fútbol da Reiboa.

    Pais dos rapaces enrolados nas escolas deportivas, xogadores de equipos de fútbol locais e outros usuarios das instalacións denunciaron estes días que as obras de mellora anunciadas pola concelleira de Deportes e que supostamente se realizarían durante o verán non se levaron a cabo.

    Segundo os usuarios, toda vez que a obra –que tiña un presuposto de 60.000 € procedentes do Plan Concellos da Deputación- non se realizou durante o verán, so hai duas alternativas: «Ou se fai durante a temporada, deixando ós deportistas de Poio sen instalacións, ou non se fai, perpetuando o lamentable estado no que se atopa o campo».

    Segundo a nacionalista Caldas, a obra consistiría na mellora do céspede artificial e das bancadas, actuacións “imprescindibles” para o voceiro do PP, que explicou que o seu grupo leva anos denunciando o desinterese do bipartito polo deporte de Poio, que se traduce no mal estado do campo da reiboa, cunha superficie moi deteriorada e bancadas e outro mobiliario en condicións moi deficientes.

    O problema que esto supón na práctica é unha importante fonte de preocupación para as ligas de fútbol 7, escolas deportivas, clubes de veteráns e moitos outros usuarios do campo, que , en caso de realizarse as obras durante a tempada, estarán condeados a verse privados dunha das únicas infraestruturas deportivas do Concello (unha situación denunciada repetidamente polo PP), se as obras se adían outro ano máis, sufrirán como mínimo ata o vindeiro verán o mal estado das instalacións.

    Moldes respondeu ós usuarios afectados que o grupo municipal solicitará solucións en próximas comisións e pedirá explicacións por este incumprimento que volve demostrar que «o deporte e os deportistas están moi lonxe das preocupacións do bipartito».