Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Rueda afirma que o éxito de encher a Praza de Pontevedra con 12.000 persoas foi unha enorme demostración de forza

     O presidente provincial do Partido Popular, moi satisfeito tras alcanzar o reto que se marcara o partido

    • “Marcámanos un reto moi complicado e conseguímolo. A de onte en Pontevedra foi unha imaxe única que só o Partido Popular é quen de conseguir”
    • “Non hai nada feito e non debemos caer no exceso de confianza, pero o cheo histórico do sábado demóstranos que todo é posible”

     

    Pontevedra, 11 de setembro de 2016.- O presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, destacou o enorme éxito que supuxo o mitin do sábado en Pontevedra. “Dixeramos que encher a Praza de touros era un reto moi difícil e moi complicado, que non era o mesmo o momento político actual, cunha poboación e uns seguidores cansos de tanto bloqueo e tanto proceso electoral e cunha amalgama de partidos, que o de 2009 e 2012. Aínda así, fomos quen de repetir un fito histórico”.

    Para todos aqueles que asistiron e para os que quedaron ás portas do recinto por falta de espazo, nun evento que desbordou tódalas expectativas, Rueda tivo palabras de agradecemento. “Gracias a todos, porque todos, os de dentro da praza, pero tamén cada unha das 2.000 persoas que quedaron fóra, demostraron o que é o Partido Popular”.

    Nesta liña, o presidente provincial sinala que “foi un día para o recordo e foino grazas aos militantes e simpatizantes que demostraron a forza do PPdeG. Ensinamos músculo, unidade de acción e capacidade. Foi unha triple mensaxe moi importante. Viuse unha capacidade de mobilización que os demais partidos non son quen nin tan sequera de imaxinar”.

    O emblema e talismán do Partido Popular de Galicia conseguiu o seu obxectivo outra vez, e 12.000 persoas converteron a xornada nunha festa e demostraron, segundo o presidente provincial do partido, que é posible o soño dunha terceira maioría absoluta, que lles dea aos galegos a estabilidade que precisan en tempos nos que iso constitúe unha excepcionalidade.

    IMPULSO PARA A CAMPAÑA

    Rueda mostrou o seu convencemento de que o mitin da Praza servirá como impulso e como combustible para alimentar a maquinaria da campaña. “En 2009 e en 2012 anticipou as vitorias de Alberto Núñez Feijóo. En 2016 agardamos que sexa o punto de inicio dun novo triunfo. Non hai nada feito e non debemos caer no exceso de confianza, pero o cheo histórico do sábado demóstranos que todo é posible”.