Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda e María Dolores de Cospedal manteñen un encontro con mulleres en Caldas

    O presidente provincial do Partido Popular e a secretaria xeral do PP defenden as políticas de igualdade 

    • Rueda: “A violencia machista é unha lacra que non podemos soportar. Tódalas mulleres que a están sufrindo deben saber que a Administración as axuda, que hai saída”

     

    Caldas de Reis, 12 de setembro de 2016.- O presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral do Partido Popular, María Dolores de Cospedal, mantiveron onte nun hotel de Caldas un encontro con máis de 100 mulleres. Durante o acto ambos escoitaron as inquedanzas das participantes. No acto tamén participaron a deputada provincial e alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, e a candidata, Isabel Novo.

    Rueda incidiu no feito de que a igualdade entre homes e mulleres é algo que debe preocupar a todos, “aos homes os primeiros” e destacou o traballo que fan as asociacións de mulleres no impulso das políticas deste ámbito. “É necesario fomentar a conciliación da vida laboral e familiar e destacar que non é só cousa de mulleres, senón tamén de homes. Debemos incentivar medidas para mellorar a conciliación e aínda temos moito que mellorar”.

    O presidente provincial insistiu na necesidade de que o fomento das políticas de igualdade comece desde a propia escola e recordou a implantación do O Plan de Igualdade no ámbito educativo de Galicia 2016-2020. Trátase dun plan que integrará na educación das xeracións vindeiras unha perspectiva de xénero para combater os estereotipos sexistas nos momentos chaves da conformación da identidade das persoas, transmitindo ao alumnado os valores de paz e igualdade. “Se non se atacan dende o principio, logo eses problemas son moi difíciles de corrixir”, dixo Rueda.

    Rueda, ademais, quixo destacar o traballo da Xunta durante estes anos. “En épocas moi difíciles fixemos cousas que teñen moito mérito. Había que manter a sanidade, os servizos sociais ou a educación. E fixemos o hospital Álvaro Cunqueiro, que tras un ano de funcionamento xa botou abaixo todas as mentiras e manipulación dos partidos da oposición, como se comprobou na manifestación de hai dez días en Vigo á que non foron nin 400 persoas”.

    VIOLENCIA MACHISTA

    Polo que respecta á violencia machista, Rueda definiuna como “unha lacra intolerable que non podemos soportar”. “Todas as mulleres que a están sufrindo deben saber que a Administración as axuda, que sempre hai unha saída e que ninguén ten por que aguantar algo así. Mentres haxa unha soa muller a que sufra a violencia machista será unha lacra a erradicar”.