Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Carta de agradecemento de Alfonso Rueda

     

    Estimado afiliado, estimada afiliada

    Este sábado conseguimos un novo fito histórico para o Partido Popular. Encher a Praza de Touros de Pontevedra, con 12.000 persoas, foi unha evidencia clara da forza e da unión do noso partido. Era o día de demostrar o que somos, de marcar diferenzas. E con todos vós conseguímolo.

    Cando propuxemos este reto, eramos conscientes de que sería complicado ofrecer de novo a imaxe que todos temos gravada de 2009 e 2012. Os tempos cambian, a situación política de hoxe é diferente á de entón, pero tiñamos que intentalo porque verdadeiramente non hai dúas sen tres. E outra vez vós, afiliados e afiliadas de toda a provincia, pero tamén do resto de Galicia, volvestes a sorprendernos.

    Foi un reto conseguido entre todos, entre as 12.000 persoas que estivestes con nós dentro da praza, pero sobre todo por todas e cada unha das que non puidestes entrar. Vós, de xeito especial, sodes os mellores representantes da grandeza deste partido. Somos moi conscientes do esforzo que supón desprazarse desde concellos de toda a provincia ata Pontevedra, e por iso o valoramos e agradecemos aínda máis.

    Sodes, os afiliados e simpatizantes os que facedes forte ao Partido Popular. E sodes, tamén, imprescindibles, unha militancia activa, comprometida co noso partido e coas nosas siglas. O sábado, na praza de touros, cando había que demostralo, volvestes a facelo.

    Pero esta campaña non fixo máis que comezar, e o importante é o 25 de setembro, para revalidar a terceira maioría de Alberto Núñez Feijóo.

    Sabemos que, como sempre, contaremos con cada un de vós.

    Gracias, de corazón.

     

    Alfonso Rueda

    Presidente Provincial do PP de Pontevedra