Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Poio solicita o arranxo inmediato do camiño Area da Porta en Campelo

     

    • Os populares fanse eco das insistentes denuncias dos veciños polo estado deste vieiro: asfalto en pésimas condicións, con multitude de fochancos e sen desbrozar.
    • A concelleira do PP de Poio Nati Torres visitou a zona invitada polos veciños e solicitou que se escoiten as súas reclamacións, que pasan pola mellora inmediata da pista.
    • Torres explicou que os veciños de Campelo “séntense cidadáns de segunda” e pediu que o goberno local preste atención a esta veciñanza, unha das máis poboadas e dinámicas pero abandonada polo Concello.

     

    Poio, 13 de setembro de 2016.- A concelleira do PP de Poio Natividad Torres Balea transmitiu hoxe as denuncias de varios veciños de Campelo en relación ó estado do camiño Area da Porta “ateigado de fochancos, co asfalto levantado en varios lugares e coas marxes sen desbrozar”.

    Torres comprobou en persoa a situación deste camiño, que cualificou de “lamentable” e escoitou as queixas dos residentes na zona, que xa transmitiran con anterioridade a responsables municipais en numerosas ocasións polo que o concello “é perfectamente coñecedor do estado do camiño”.

    A concelleira popular resumiu as impresións dos veciños de Campelo en que «séntense cidadáns de segunda ante o Concello», e transmitiu unha queixa xeralizada entre os denunciantes: «Se pagan impostos como os demais poienses, ¿por que están abandonados polo goberno local?»

    Torres solicitou ó bipartito que atenda as reclamacións dos veciños e adecente o camiño arranxando o firme e desbrozando as marxes para facilitar o tránsito de vehículos e de persoas, pero subliñou que o problema real de Campelo é a desatención xeralizada do Concello, explicando que pese a ser “un dos núcleos máis poboados e dinámicos, o abandono por parte do goberno local é absoluto”.