Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Tomiño rexeita a implantación do imposto de plusvalía aprobada en pleno cos votos do BNG

     

    Tomiño, 10 de setembro de 2016.- O voceiro do PP de Tomiño, Esteban González Miranda, rexeita a implantación do imposto de plusvalía aprobada no pleno do pasado xoves cos votos do BNG. No PP consideran innecesario e fóra de toda lóxica esta imposición dada a situación actual, dado que este imposto está actualmente acorralado polos xulgados e o Tribunal Constitucional.

    Os populares consideran que o fin do equipo de goberno é puramente recadatorio, motivado por intención politica, como ben deixou claro a acaldesa na Comisión plenaria do pasado luns; demostrando que  non teñen en conta as sentenzas a favor dos contribuíntes que recurren as liquidacións xeradas polos concellos.

    González Miranda explica que “na situación actual na que se cuestiona a inconstitucionalidade ante o Alto Tribunal para que así se determine se este imposto de plusvalia vulnera o artigo 34 da Constitución que establece que todos contribuirán al sostenimiento de los gastos públicos de acuerdo con su capacidad económica mediante un sistema tributario justo inspirado en los principios de igualdad y progresividad que, en ningún caso, tendrá alcance confiscatorio, esta cuestión plantéaa o xulgado Contencioso-administrativo  nº3 de San Sebastián , entre outros, como Vitoria ou Madrid.

    O voceiro popular considera que este imposto xera polémica porque se está aplicando con independencia de se existe ou non un beneficio.

    “Na época do boom inmobiliario, cando a inmensa maioría das ventas xeraban plusvalías, isto non supoñía problema. Pero agora moitos dos contribuíntes que venden un inmoble fano por un prezo inferior o que compraron”, explica Esteban González.

    Nesta liña, o voceiro popular considera un erro do Goberno Local non esperar a que o Constitucional se posicione sobre este imposto tendo en conta que cada vez hai máis sentenzas que anulan estas liquidacións. O imposto de plusvalia na teoria tendria que gravar o suposto incremento do valor experimentado polos terreos de natureza urbana no momento dunha venta ou cambio de propiedade .Pero a realidade deste imposto é moi distinta, porque se está aplicando con independencia de si esiste ou non un beneficio; afectando a obtención de valor experimentado por terreos urbanos que se poñen de manifesto no momento que se transmite por calquera título (venta, herencia, donación..) a sua propiedade ou calquera dereito real sobre o mesmo. Na actualidade tamén afecta aos negocios,” que en moitos casos a pesar de que teñan que cerrar e rematar a súa actividade, teñen a abriga de pagar este imposto.

    “Por iso recalcamos que non é o momento de implantar este imposto, e moito menos dando como argumento de que Tomiño é o único concello da comarca que non o ten”, recalca González Miranda.