Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Maerks

    Ángel Moldes lamenta que Carmela Silva siga sen defender os intereses de todos os concellos da provincia por igual

    • O voceiro popular considera fóra de lugar as declaracións da presidenta da Deputación a raíz do traslado de Maerks a Marín.
    • O voceiro provincial recoméndalle que empece a cambiar o chip para evitar problemas e que pensé, de unha vez, máis alá de Vigo
    • O voceiro popular pregunta ademais que lle parecerán as declaracións da presidenta da Deputación ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e ao tenente de alcalde e vicepresidente da Deputación, César Mosquera.

    Pontevedra, 8 de abril de 2016.- O voceiro do PP na Deputación e membro, ademais, do Consello de Administración do Porto de Marín, considera lamentables e fóra de lugar as declaracións da presidenta da Deputación, Carmela Silva, a raíz do traslado de Maersk a Marín.

    “Entendo que é viguesa e tenente de alcalde en Vigo pero é ademais a presidenta da Deputación de Pontevedra polo que non só ten que defender os intereses de todos os concellos da provincia por igual senón que ten que amosarlles tamén un respecto”, sinala Moldes.

    O voceiro provincial recoméndalle que empece a cambiar o chip para evitar problemas e que pense, de unha vez, máis alá de Vigo, porque é a presidenta da institución provincial desde hai 9 meses e debería representar a todos os concellos da provincia, non só ao seu.

    Entendo que desde Vigo se envolvan na bandeira localista e que defendan os intereses vigueses, porque ao final é o que facemos todos co noso concello, pero a Carmela Silva debería darlle igual que esta empresa traballe desde Vigo ou Marín, o importante para ela debería ser que siga creando emprego e riqueza en Pontevedra.

    O voceiro popular pregunta ademais que lle parecerán as declaracións da presidenta da Deputación ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e ao tenente de alcalde e vicepresidente da Deputación, César Mosquera.