Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Estrada Cotobade

    Ángel Moldes pregunta á Deputación pola paralización da ampliación da estrada de Cotobade que une Xesteira e Almofrei.

    • O deputado popular amosou as máis de 500 sinaturas que os veciños dese lugar recolleron para esixir á institución provincial que reanude o proxecto.
    • Critica que non convoquen ao alcalde de Cotobade a unha reunión a pesar de que o solicitou en varias ocasións.

    Pontevedra, 02 de abril de 2016.- O voceiro do grupo popular na Deputación de Pontevedra, Ángel Moldes, preguntou ao goberno provincial pola paralización das obras de ampliación da estrada de Cotobade que une Xesteira e Almofrei, que leva preto de nove meses de retraso. Ángel Moldes incidiu en que os traballos seguen sen adxudicarse a pesar de que todo o proceso está practicamente rematado desde antes do cambio de goberno.

    “Nin adxudican as obras, nin convocan ao alcalde de Cotobade para darlle unha explicación por este importante retraso”, critica Moldes, que recorda que Jorge Cubela solicitou en varias ocasións unha reunión para informarse sobre o estado deste proxecto, e que non recibiu ninguna resposta.

    Ademais, o voceiro amosou as 514 sinaturas que os veciños deste lugar recolleron nas dúas últimas semanas para esixir á institución provincial a inmediata adxudicación e inicio das obras, que xa no seu día foron declaradas de actuación urxente pola perigosidade que presenta o trazado actual.

    “A única explicación para ter este proxecto parado é que responde a unha cuestión política, porque non hai nada que impida que esta obra se adxudique de inmediato. E os prexudicados son os veciños de Cotobade, que ven como pasan os meses e non teñen información dunha obra que xa tiña que estar executándose”, destaca o popular, que recorda que o único que queda por facer é abrir as plicas e adxudicar a obra entre as 20 empresas que se presentaron a concurso.

    O proxecto de ensanche e ampliación ascende a 461.000 euros máis IVE, e sacouse a concurso o pasado 8 de xuño cun prazo de execución de 6 meses. Suporá unha extraordinaria mellora para a mobilidade e a seguridade viaria dos veciños de Almofrei e para todos os cotobadeses, xa que inclúe o ancheamento da calzada, a creación de beirarrúas e a mellora do firme, drenaxe e sinalización.

    Ademais, o proxecto reservaba unha contía superior a 50.000 euros para a expropiación das fincas e os terreos afectados que non fosen achegados voluntariamente polos veciños, cantidade que xa foi abonada con anterioridade á propia convocatoria do concurso.