Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Alfonso Rueda salienta que o domingo só vale un resultado para garantir a estabilidade de goberno que ofrece Feijóo

    • Critica que nunhas eleccións nas que se vai elixir o Parlamento e ao presidente da Xunta, os outros partidos digan que non fai falta falar por agora de quen vai ser o seu candidato.
    • “Nesta campaña era importante que todos nos déramos conta do moito que nos estamos xogando”, engade.

     

    Redondela, 22 de setembro de 2016.- O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, salientou que o domingo só vale un resultado, porque só hai un camiño para conseguir que Alberto Núñez Feijóo volva a ser o presidente e pasa por acadar os 38 deputados que dan a maioría absoluta. A outra alternativa, salientou, “xa a coñecemos todos, aínda que agora se esforcen en disimulalo”.

    “Están esperando a oportunidade de que nos falten uns poucos votos para intentar o que sabemos de sobra que van facer, que é reeditar o bipartito pero con máis partidos e que se levan aínda peor do que se levaban entón”, destacou Alfonso Rueda durante a súa intervención no mitin de Redondela, no que participou xunto ao presidente do PPdeG e candidato dos populares á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

    “Se están pelexando continuamente nos seus propios partidos, canto máis non se van pelexar entre os catro para decidir quen vai ser o presidente?”, destacou. E criticou que nunhas eleccións nas que se vai elixir o Parlamento galego e ao presidente da Xunta, digan que non fai falta falar por agora de que vai ser o presidente. “Claro que importa, pero non son capaces de facelo, como tampouco son capaces de explicarnos cal deles vai renunciar ao seu programa e as súas promesas”.

    Nesta liña, o presidente provincia sinalou que, a un día de que remate a campaña, o PP conseguiu mobilizar e motivar ás persoas. “Era importante que todos nos déramos conta do moito que nos estamos xogando”, engadiu.

    Ademais, recordou que nestes quince días o único partido capaz de dar imaxe de unidade foi o PP. “Arrancamos moi ben co mitin da Praza de Pontevedra, chea de persoas con entusiasmo... e dando testemuña do que somos e do que non son os demais. Somos un partido unido, convencido e orgulloso de ser do PP e de ter un candidato e un líder como Feijóo”.

    Alfonso Rueda tamén se dirixiu a Pedro Sánchez, que hoxe ía estar en Redondela. “A el si que lle da igual o resultado do PSOE o domingo e batir o récord por abaixo, o único que lle preocupa é que nós non consigamos o récord por arriba, o da terceira maioría absoluta”.

    Por iso, incidiu en que só vale un resultado, nestas eleccións hai dúas opcións, ou Feijóo ou o resto de partidos. “E despois de tantos anos de traballo, de superar circunstancias moi duras, non podemos dar marcha atrás. Agora comezamos a asomar a cabeza e podemos tomar medidas que nos gustaría ter tomado desde o principio, pero que non puidemos porque antes era necesario estabilizar as contas”.