Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Alfonso Rueda chama ao voto dos moderados e di que só se pode elixir entre dúas alternativas

    • Reclama o apoio dos votantes socialistas que están máis preto das políticas de Feijóo que do pacto que prefiren os dirixentes do PSdeG.
    • “O resultado do domingo é fundamental para que o luns sexa un día de traballo, un día de certezas e garantías”

     

    Vigo, 23 de setembro de 2016.- O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, fixo onte un chamamento aos indecisos e aos votantes do Partido Socialista que non se encontran cómodos cun multipartito no que se integren con nacionalistas e extremistas e reclamou o voto dos moderados que prefiren as políticas sociais desenvolvidas por Alberto Núñez Feijóo ás incógnitas que presentaría un goberno formado por un sinfín de partidos.

    Rueda fixo estas declaracións durante o mitin de peche de campaña que o Partido Popular celebrou en Vigo e no que tamén participaron o presidente do PP, Mariano Rajoy, e o candidato á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. “Creo que conseguimos o noso reto, que non era outro que poñer en valor a forza do Partido Popular, pero sobre todo, demostrar que somos un partido unido, convencido e orgulloso do noso candidato”.

    O presidente provincial insistiu en que non hai nada feito e que o importante é encher as urnas de votos do Partido Popular, recordou que só se elixe entre dúas alternativas, a de Feijóo e a do lío, e recalcou a importancia de que do 25S saia un goberno estable e forte. “O resultado do domingo é fundamental para que o luns sexa día de traballo, un día de certezas e garantías”.

    Rueda destacou as diferenzas internas do resto dos partidos, tanto en Galicia como en Madrid, e os insultos constantes recibidos polo Partido Popular: “Chegou o momento de responder a esas provocacións, e ese momento é o domingo, dándolle un si a Galicia e facendo que Alberto Núñez Feijóo volva ser o presidente coa confianza maioritaria dos galegos”.