Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Monte do Castro

    Os deputados do PP denuncian que a escavación e consolidación do Monte do Castro levan paradas desde hai dez meses

    •  Critican que a desidia e falta de interese do bipartito provincial están deixando perder en dez meses algo que custou conseguir moitos anos.
    • Salomé Peña di que “nós fixemos o máis difícil, agora eles só teñen que continuar un proxecto que xa se lles deixou encamiñado”.

    Ribadumia, 11 de abril de 2016.- Os deputados provinciais do Partido Popular, Salomé Peña, Luis Aragunde e Luisa Piñeiro, desprazáronse esta mañá ata o Monte do Castro, en Ribadumia, para denunciar “a parálise absoluta” que hai neste xacemento, no que levan xa dez meses sen acometer ningún traballo, nin de escavación nin de consolidación. “A desidia e a total falta de interese do novo goberno bipartito da Deputación de Pontevedra, están deixando perder en dez meses algo que nos custou conseguir moitos anos”, criticou Salomé Peña.

     Os deputados do PP denuncian que a escavación e consolidación do Monte do Castro levan paradas desde hai dez meses

    Nesta liña, dixo que “o PP na institución provincial fixo o máis difícil, que foi apostar e investir na recuperación do Monte do Castro, e agora só teñen que continuar un proxecto que xa se lles deixou totalmente encamiñado e con consignación orzamentaria, pero nin con esas son capaces”. Os deputados percorreron o Monte do Castro, onde diferenciaron a parte que xa está consolidada, das novas zonas que quedan por escarvar e que están totalmente abandonadas.

    A deputada salientou que tanto para Ribadumia como para o resto da comarca o Monte do Castro supón un importante atractivo turístico, pero sobre todo unha gran riqueza cultural. Recordou que “hai catro anos, cando aquí algúns só vían monte, o PP apostou por actuar”, e recoñeceu que ninguén contaba con atopar toda a riqueza castrexa e todos os segredos que alí se escondían, e que en moitas ocasións foron postos en valor polos propios arqueólogos que traballaban no lugar. “É un dos xacementos máis importantes a nivel Galicia, polo que aquí se leva atopado e pola situación estratéxica na que se atopa”, resaltou a popular.

    Por este motivo, o PP pide á presidenta da Deputación e ao deputado de Turismo, Santos Héctor, que aposten polo Monte do Castro, que reaccionen e reanunden os traballos de escavación e que apuren tamén a musealización e consolidación. Neste sentido, o deputado Luis Aragunde resaltou que “os castros atraen a moitos visitantes ata esta comarca, e supoñen un recurso moi interesante para a desestacionalización do turismo”. Criticou, ademais, que o goberno da Deputación de Pontevedra “reacciona a golpe das denuncias e das críticas que estamos facendo desde o PP”, polo que confía en que actúen tras esta visita dos populares ao Monte do Castro. “Nestes catro anos fíxose un traballo moi importante, pero aínda queda moito por facer”, engadiu.