Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ponte Caldelas

    O PP de Ponte Caldelas pide a dimisión do alcalde por mentir e enganar aos veciños co crematorio

    • A sentenza do crematorio demostra que o anterior Goberno local do PP tiña a obriga de outorgar a licenza
    • Os voceiros do PP consideran que esta semana Andrés Díaz dedicouse a falar da fusión do Concello para tapar a sentenza, que xa coñece desde a semana pasada e non recoñecer o engano ao que someteu aos veciños da Reigosa.

    Ponte Caldelas, 7 de abril de 2016.- Os voceiros do PP de Ponte Caldelas, Ricardo Castro e Inés Sánchez compareceron esta mañá en rolda de prensa na sede provincial do partido en Pontevedra, para facer pública a sentenza do contencioso administrativo de Pontevedra que desestima o recurso presentado.

    A sentenza deixa claro que “as licencias son actos regulados de concesión regulada, estando as administración públicas obrigadas a concedelas cando concurran os requisitos legais para elo”.

    Ricardo Castro explicou que con esta sentenza queda demostrado que o anterior goberno local tiña a obriga legal de outorgar a licenza do crematorio da Reigosa e que polo tanto o actual alcalde, Andrés Díaz, enganou e mentiu aos veciños cando dicía que se podía para a licenza e que o PSOE se comprometía a revocar a licenza.

    O voceiro popular fixo un repaso das declaracións feitas por Andrés Díaz antes das eleccións municipais, declaracións públicas aos medios de comunicación e que publicou ademais no seu perfil de Facebook. Entre outras cousas, dixo: “Non entendemos como desde el ayuntamiento no se emitió un informe desfavorable sobre la posible instalación de un crematorio en el Polígono de A Reigosa, si gana las elecciones el PSOE revocará la licencia y paralizará las obras” ou que animaba aos veciños a seguir protestando e que non descarba un pleito xudicial.

    Xuízo ao que nunca acudeu, porque non foi el o denunciante, el acizañou aos veciños para que denunciaran, pero el nunca se atreveu a implicarse nun proceso xudicial porque sabía perfectamente que estaba mentindo e que o que estaba facendo o alcalde, daquela do PP, Perfecto Rodríguez, era cumprir a lei.

    “Se tan seguro estaba de que a licenza se daba con oscurantismo, porque non denunciou el? Preguntaba esta mañá o voceiro dos populares en Ponte Caldelas. “manipulou aos veciños co único fin de que foran en contra do alcalde e intentar desbancar ao anterior goberno.

    Nesta liña, Ricardo Castro comentou que outra das probas de que o Andrés Díaz estaba mentindo cando dicía que a licenza se podía revocar, foi a súa actitude unha vez que chegou ao goberno.

    Só uns días despois de chegar a alcaldía, Andrés Díaz dicía nos medios de comunicación que anular a licenza do crematorio ía ser moi difícil. É dicir, que unha vez que foi investido alcalde cambiou o discurso de tal maneira que xa non falaba claramente de irregularidades.

    Por todo isto, “mentir deliberadamente aos veciños buscando únicamente a súa rendabilidade política e demostrando que non só é un mentireiro senón tamén un manipulador sen escrúpulos, o PP de Ponte Caldelas pide a dimisión do alcalde”

    Debería caerlle a cara de vergonza por todo o que dixo e fixo e polo engano ao que someteu aos veciños da Reigosa.

    Finalmente, Ricardo Castro dirixiuse aos veciños “entendémolos e entendemos no seu momento o seu enfado pola instalación do crematorio, pero nin o Partido Popular nin o anterior alcalde tiñan nas súas mans outorgar ou non esa licenza. Perfecto Rodríguez limitouse a cumprir a lei e outros sacaron, lamentablemente, proveito delo.

    Se Perfecto Rodríguez se negase a dar esa licenza o que estaría nos xulgados hoxe sería el, pero por prevaricación, concluíu o voceiro popular.

    Inés Sánchez pola súa parte, iniciou a súa intervención dicindo que “agora entendemos as declaracións do alcalde desta semana sobre a fusión co Cotobade, o que quería era facer unha cortina de fume para tapar unha sentenza que el coñecía desde a semana pasada pero que oculta á opinión pública para non recoñecer o engano ao que someteu aos veciños”.

    A voceira popular engadiu ademais que a sentanza aclara que o proxecto conta con todos os informes medioambientais favorables, demostrando que non se trata de unha actividade contaminante.

    “creouse unha almama social totalmente inxustificada con fins políticos, considera. O crematorio leva funcionando meses sen ningún problema nin molestia para os veciños.

    Preguntou ademais onde están as supostas inspeccións que ía facer o Concello? Onde está a modificación da normativa do polígono que ia a tramitar de inmediato?

    Non se pode impedir que un crematorio se instale nun polígono industrial, nin el nin o anterior alcalde, nin ningún pode facer nada e así o recoñece o alcalde.