Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP do Umia reclama a Carmela Silva que convoque aos alcaldes para decidir xuntos a distribución dos fondos provinciais

    Nunha reunión celebrada entre deputados provinciais e voceiros desta comarca

    • Os populares reclaman máis apoio económico para os pequenos e medianos concellos nos orzamentos da Deputación para 2017.
    • Critican que co bipartito os pequenos e medianos concellos reciben menos fondos, porque o apoio da Deputación céntrase en Vigo e Pontevedra.

     

    Caldas, 25 de outubro de 2016.- As deputados do grupo provincial do Partido Popular, Nidia Arévalo e Luisa Piñeiro, reuníronse esta tarde cos voceiros do PP do Umia, co obxectivo de escoitar as súas primeiras impresións de cara a traballar nas propostas que o grupo provincial presentará nos orzamentos da Deputación de Pontevedra para o ano próximo. No encontro, os populares subliñaron a importancia de esixir a Carmela Silva maior apoio económico para os pequenos e medianos concellos da provincia de cara ao 2017, e insistiron en reclamar que a presidenta convoque aos alcaldes para crear unha comisión na que decidir por maioría as liñas xerais de reparto dos recursos económicos e a cantidade que a institución provincial destina aos concellos.

    Nidia Arévalo explicou que Carmela Silva acaba de recoñecer o fracaso absoluto do seu proxecto estrela este ano, o Plan Concellos, polo que entenden que é momento de facer o que lle están pedindo a metade dos alcaldes da provincia desde  hai uns meses, que dialogue con eles e que escoite cales son as súas propostas e necesidades.

    MENOS FONDOS E MENOS SERVIZOS

    Os alcaldes populares insistiron en que este ano recibiron “un plan para todo, un engano improvisado no que quixeron meter absolutamente todo e que ao final quedaban atrás moitos dos servizos que se viñan presentando desde a institución provincial”. Así, apuntaron que a día de hoxe o Parque de Maquinarias está infrautilizado, as estradas provinciais están desatendidas, a Deputación xa non está ao lado das asociacións culturais, dos colectivos veciñais e das entidades sociais, como tampouco apoia ás escolas de música nin conservatorios… Por iso, os deputados do PP tamén seguirán reclamando que no próximo documento se inclúan todos estes servizos, así como os proxectos da comarca que continúan parados. Como exemplos, referíronse á axuda que a Deputación concedía cada ano ao Codi de Valga para garantir o seu funcionamento e que este ano se denegou, ou o proxecto da variante de Rebón e o concurso de ideas para rehabilitar o antigo edificio da Praza de Abastos e convertelo nun usos múltiples, os dous en Moraña.

    Ademais, queixáronse que mentres este ano estes concellos recibiron menos fondos, todos os esforzos de Carmela Silva centráronse nas dúas grandes cidades da provincia, Vigo e Pontevedra, e concretamente en dar resposta aos  temas que o alcalde de Vigo deixa e ordena, unha actitude que, entenden, confronta directamente coa filosofía da institución, que é servir de apoio aos pequenos e medianos concellos.

    LIBRE DISPOSICIÓN

    Os deputados provinciais tamén explicaron aos alcaldes e voceiros que, despois de moito criticalo, Carmela Silva retomou a libre disposición agochada baixo o nome de convenios. Así, apuntaron que no último pleno provincial aprobáronse máis de 1 millón de euros para que a presidenta asine convenios comprometidos cos concellos nas súas visitas, e na última xunta de goberno provincial aprobaron dous campos de fútbol de herba sintética para Pontevedra por máis de 1,5 millóns de euros.