Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE POIO ALERTA DO LAMENTABLE ESTADO DOS PARQUES INFANTÍS DA SECA.

    • Os populares trasladan as denuncias de pais e nais dos parques anexos ó campo de fútbol e ó quiosco da Reiboa.
    • O estado das zonas de xogos supón unha fonte de inquedanza para os veciños da zona e usuarios das instalacións.
    • Os pais informan de nenos mancados por falta de protección e falta de vallas e aparatos rotos e rachados.

     

    Poio, 26 de outubro de 2016. O PP de Poio comunicou hoxe as denuncias de pais e nais sobre o estado dos parques infantís da Seca, con falta de elementos de protección tanto na área de xogos anexa ó campo de fútbol como na ubicada xunto ó quiosco da Reiboa.

    Usuarios das distintas instalacións situadas na Seca informaron de importantes desperfectos nas distintas zonas infantís, con aparatos rachados e con achas, deterioro ou falta de elementos de protección e, en xeral, condicións pouco apropiadas para o seu uso.

    Unha protesta recurrente provén de pais e nais cun fillo que participa en actividades no campo de fútbol ou en outros espazos da zona mentres os proxenitores quedan nesas areas de xogo con outro fillo ou filla. “Os pais”, explicou a concelleira Nati Torres, “non teñen onde xogar cos nenos mentres agardan a que saian os outros”.

    O PP solicitou a reparación inmediata do mobiliario destas instalacións, así como un mantemento das áreas infantís “acorde ó coidado que se lle debe aos seus usuarios”.