Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Cultura PP Provincial

    O PP propón crear un certame provincial de grupos emerxentes e acondicionar unha rede de locais de ensaio polas comarcas

    • Ángel Moldes sinala que “axudaría a promocionar o traballo destes grupos, que o fan desde o anonimato, e daríaselles o protagonismo que merecen”.
    • Nidia Arévalo criticou a falta de apoio económico aos colectivos culturais da provincia, coa eliminación das axudas para vestiario, instrumentos e infraestruturas.

    Pontevedra, 07 de abril de 2016.- O grupo provincial do Partido Popular propón á Deputación de Pontevedra a creación dun certame provincial de grupos emerxentes, co fin de dar visibilidade a todo o talento de bandas que van emerxendo e que moitas veces non chegan a ser escoitadas por falta de espazo e de oportunidades. “Sería un certame pioneiro na provincia, que serviría para promociónar o traballo de todos estes grupos, que na maior parte o fan desde o anonimato, e ao mesmo tempo daríaselles o protagonismo que merecen”, sinala o deputado Ángel Moldes.

    O popular explica que, como grupo maioritario, o PP ademais de facer unha labor fiscalizadora e de seguimento de que tipos de subvencións están recibindo os colectivos ou cales desapareceron, tamén entenden que teñen que ter unha parte construtiva. “Falando con grupos de música emerxente, nos comentan a necesidade que teñen de darse a ver. Hai xente que é amateur pero que ten unha moi boas cualidades, e por iso necesitan un espacio e un escenario para amosalo”, incide.

    E por este motivo, a súa proposta é crear un certame provincial, tanto de música como teatro ou mesmo audiovisuais, involucrando aos propios concellos. A idea é comezar con festivais nos concellos, nos que un xurado seleccionará aos grupos que vaia participar na final provincial. “Estes certames non son custosos, a cartelería e demais pódese facer con medios propios, na imprenta provincial, e ademais de axudar a dinamizar a este tipo de colectivos, tamén estaría dándose contido a todas as casas de cultura ou outras instalacións que hai en moitas parroquias de toda a provincia”.

    Moldes entende que esta iniciativa axudaría tamén a dinamizar o plan cultural. “Ademais do apoio do PonteGal, case copiado do anterior plan cultural, entendemos que se pode dar un paso máis e organizar este certame”.

    Xunto á organización do certame provincial, a proposta do PP vai máis aló e fala de crear unha estrutura para apoiar a estes grupos, habilitando unha rede de locais de ensaios cos que atender as demandas destes grupos. Subliñan que a maior parte deles carecen de medios e de recursos para acceder a locais acondicionados para ensaiar, polo que propoñen aproveitar as infraestruturas propias para poñelas á súa disposición.

    SEN AXUDAS AOS COLECTIVOS

    Pola súa parte, a deputada Nidia Arévalo denuncia a falta de apoio económico da Deputación de Pontevedra a todos os colectivos culturais da provincia. Nesta liña, recorda que “xa no debate dos orzamentos advertimos esta situación, e as nosas críticas espertaron a risa do grupo de goberno. Pero o certo é que o tempo nos está dando a razón e por iso seguiremos denunciándoo”.

    A deputada pon a atención sobre que as axudas para vestiario, instrumentos e mantemento de locais que estaban recibindo as asociacións culturais da provincia desapareceron. Ao fronte destes colectivos recorda que están “persoas altruístas, que tratan de mantelos todo o ano con moitas dificultades económicas, polo que o apoio que recibían desta casa era moi importante”.

    Arévalo critica que desde a institución provincial intenten ocultar esta situación dicindo que son os concellos os que agora reciben esas cantidades. “É mentira, nin esas axudas existen, nin se lles dan aos concellos para que sexan, neste caso, o nexo de unión coas asociacións”. Por este motivo, xa anuncia que manterán reunións cos colectivos afectados para explicarlles toda a situación.