Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP pide á Deputación que reserve nos orzamentos de 2017 fondos para colocar herba sintética no campo da Seca, en Poio

    • Ángel Moldes recorda que o Consello Municipal de Deportes deste concello xa solicitou este cambio, xa que a herba natural impide facer un uso intensivo do campo.
    • O voceiro confía en que a corporación aprobe este investimento, e considera que trasladar os problemas de Poio ao pleno, a pesar de que lle poida molestar á presidenta, é a única forma de garantir que os proxectos terminen por facerse.

     

    Poio, 06 de novembro de 2016.- O grupo provincial do Partido Popular pedirá no próximo pleno da Deputación –que se celebra a finais deste mes- que o goberno bipartito reserve nos orzamentos da institución provincial para 2017 unha partida para substituír a herba natural do campo de fútbol da Seca, en Poio, por herba sintética. O voceiro dos populares, Ángel Moldes, explica que o céspede actual xa está moi deteriorado, polo que é necesario cambialo e considera que é momento de apostar pola herba sintética. Deste xeito, sinala, poderase facer un uso intensivo do campo e cubrir, así, toda a demanda que hai a nivel municipal de clubes e deportistas.

    Ademais, recorda o popular que este cambio de herba natural a sintética xa foi aprobado nunha das reunións do Consello Municipal de Deportes de Poio, no que participan representantes de todos os clubes locais e dos diferentes partidos políticos con representación municipal.

    Ángel Moldes sinala que a climatoloxía galega fai que o campo de herba natural sexa unha opción moi custosa para manter en plenas condicións, e ademais, este tipo de herba impide que sexa aproveitado a pleno rendemento por todos os clubs e as categorías base, algo que si podería facerse cun tapiz sintético, tal e como ocorre no outro campo de fútbol que forma parte do complexo deportivo da Seca. Por iso, entende que agora que a herba natural está tan deteriorada que fai case imposible xogar ao fútbol con garantías, é o momento de pedir colaboración á Deputación de Pontevedra para que continúe apostando polo deporte e no caso do campo da Seca, substituír o céspede actual por sintético.

    O voceiro dos populares confía en que a corporación aprobe este investimento, polo que considera que trasladar os problemas de Poio ao pleno, a pesar de que lle poida molestar á presidenta, é a única forma de garantir que os proxectos terminen por facerse. Nesta liña, critica que a pesar de que Poio ten unha deputada no Goberno bipartito, isto non se traduce en ter unha interlocutora para resolver os problemas reais deste concello e dar voz aos colectivos locais.

    RESPOSTA Á PRESIDENTA

    Pola contra, recorda que el, como voceiro do PP local primeiro, e agora tamén como deputado e voceiro dos populares, traballou arreo desde o primeiro momento para defender os intereses dos veciños deste concello e tamén dos colectivos. Como exemplos, recorda o proxecto de urbanización e dotación de beirarrúas en Campelo, que tiña o compromiso do anterior Goberno provincial para investir 1,6 millóns de euros e que non se executou por culpa da incapacidade do Goberno local de Poio, ou os fondos provinciais que se repartiron a colectivos locais a través do PAC, eliminados polo actual bipartito provincial, e que serviron para dotar depósito e traída de auga a núcleos pequenos, pavimentar e dotar de servizos camiños rurais e urbanos, financiar actividades culturais e deportivas...

    “Dicirlle aos veciños de Poio que a actual Deputación escoita máis, pensa máis e inviste máis en Poio non resulta crible”, conclúe o voceiro.