Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE POIO “DÁ UN PASO ADIANTE” E ANUNCIA ENCONTROS COS COLECTIVOS SOBRE O REPARTO DE FONDOS DO PACTO AMBIENTAL

     

    • Toman esta decisión tras as queixas de diversas asociacións pola falta de información municipal sobre as axudas de 3 millóns de euros anuais para colectivos da ría de Pontevedra.
    • O voceiro Ángel Moldes explica: «Non podemos quedar parados ante a enorme irresponsabilidade do Concello, que unilateralmente e por consignas de partido pon atrancos a que os colectivos de Poio accedan a estes fondos».   
    • Moldes recordou que mentres noutros Concellos como Marín levan semanas estudando xunto ós colectivos qué proxectos se beneficiarán das axudas, en Poio o concello négase a escoitar as asociacións e insulta ás que expresan interese.
    • Se o goberno do BNG renuncia á súa obriga de defender os intereses dos veciños e colectivos de Poio, o PP asumirá esa responsabilidade “como primeira forza do Concello”.

     

    Poio, 5 de novembro de 2016. Tras as queixas de numerosos colectivos veciñais, deportivos e culturais do concello, o Partido Popular de Poio decidíu dar un paso á fronte e nos próximos días concertará reunións cos interesados en participar dos 180 millóns de euros (a razón de tres millóns ó ano) procedentes do “Pacto Ambiental” entre a Xunta e ENCE e que se distribuirán entre os colectivos da ría de Pontevedra.

    Así o comunicou o voceiro Ángel Moldes, que trasladou a preocupación dos distintos colectivos pola ausencia de información sobre cómo acceder a esta oportunidade de financiamento e que o popular achaca á «enorme irresponsabilidade do goberno do BNG, que pon as consignas do seu partido por diante dos intereses dos veciños».

    Moldes recalcou que o seu partido leva meses intentando que o Concello se reúna cos colectivos que poidan estar interesados nestas axudas, sen éxito: «Pedimos unha convocatoria do Consello Municipal de Deportes e o alcalde se negou, pedimos que se convocase a todas as asociacións para darlles información e o alcalde se negou. Mentres en Marín levan tampo estudando que proxectos poden beneficiarse destes 3 millóns de euros anuais, o goberno de Poio leva meses poñendo atrancos a que os nosos colectivos teñan acceso a eses cartos».

    «E evidentemente hai un grande interese da maioría de colectivos de Poio por informarse sobre esas axudas», indicou o voceiro popular, que recordou que en xullo pasado representantes de «máis de 100 colectivos de Poio –confrarías, clubs deportivos, asociacións culturais e veciñais, entre outros- asistiron a un encontro informativo sobre estas axudas».

    «A demanda de información sobre estas axudas é evidente, e o goberno local non só négase a facilitar información senón que insulta ós veciños que expresan interese por financiarse cos cartos do Pacto Ambiental, chamándoos ‘vendidos’ e censurándoos en público», indicou Moldes: «Unha actitude lamentable».

    O popular recordou as condicións precarias nas que se atopa gran parte do tecido asociativo do Concello: «Entidades deportivas que aínda non recibiron as subvencións municipais correspondentes á tempada pasada, asociacións culturais e veciñais que perderon axudas do Concello e da Deputación»... e criticou que o Concello poña aínda máis atrancos para que estas asociacións continúen funcionando negándolles acceso ao “Pacto Ambiental”.

    Moldes recordou que axudar ós colectivos de Poio a financiarse non está reñido con calquera postura sobre a permanencia da pasteira, explicando que «é perfectamente posible defender a opinión que sexa sobre Ence e pensar nas necesidades dos veciños e os colectivos. De feito, o que non ten pés nin cabeza é falar durante anos dunha débeda histórica de Ence e precisamente cando a empresa di que van comezar a pagala entón dicir que non contra o criterio e os intereses dos veciños. É ridículo».

    O voceiro popular recordou que na vida municipal «hai que poñer as necesidades e demandas dos veciños por riba das consignas dos partidos», e denunciou a «enorme irresponsabilidade do BNG para cos veciños, esquecéndose de que goberna para todos os poienses e non pode deixar tirados ós veciños e ás asociacións porque llo manden desde o partido».

    Así, Moldes confirmou que o PP, como primeira forza política do Concello, comezará unha rolda de reunións e encontros cos colectivos que operan no municipio para estudar os proxectos que poderán beneficiarse dos tres millóns anuais que repartirá o Pacto Ambiental, recalcando que a primeira remesa de 3 millóns, corresponde a este ano «e quedan apenas oito semanas para que remate».

    «Faremos todos os esforzos para que os veciños de Poio non sexan vítimas da irresponsabilidade e intolerancia deste equipo de goberno e se perda a maior inversión que nunca tiveron os colectivos de Poio: 3 millóns anuais durante 60 anos».