Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Salceda cuestiona os investimentos dos que presume a Deputación no concello e que o Alcalde non executou a día de hoxe

    • Santiago Rodríguez Davila informa que están vendendo obras que supostamente fixeron en 2016, pero que a día de hoxe non están nin comezadas.
    • “Están presumindo que investiron 300.000 euros na humanización de varias rúas, cando calquera veciño de Salceda sabe que é mentira”, engade o voceiro.
    • “O Alcalde e goberno non o desminten porque son cómplices da non execución”.

     

    Salceda, 24 de xaneiro de 2017.- O Partido Popular de Salceda de Caselas denuncia que a Deputación de Pontevedra está presumindo de obras que “supostamente” fixeron en 2016, cando a realidade é que a día de hoxe non están nin comezadas. Así, o voceiro do PP, Santiago Rodríguez, amósase “sorprendido” porque os responsables provinciais presumisen hai uns días de ter investido o ano pasado en Salceda 333.701,90 euros para humanizar as rúas Compostela, A Coruña e parte de Rafael Tilve Adrio, “cando calquera veciño deste concello sabe e pode comprobar que é mentira”.

    O voceiro popular critica que o único obxectivo do goberno bipartito é “crear confusión na cidadanía, disfrazando e mentindo sen ningún tipo de pudor sobre os investimentos e as obras que a institución está realizando en Salceda”. Ademais, recoñece que aos veciños destas rúas estrañoulle moito e amosaron a súa preocupación porque a Deputación dea por feitas unhas obras cando a realidade destas rúas é outra ben diferente.

    Tanto é así que, segundo o PP, “todos dubidan xa” da exactitude das cifras e dos fondos que a Deputación di investir en Salceda. “Mentiron no seu momento cando afirmaban que o anterior goberno provincial non investía neste concello e moito tememos que seguen a falsear agora coas cifras e investimentos que din achegar ó noso concello”, sinala Davila.

    Por outra banda, lamentan a actitude do Alcalde e o seu goberno,  respeto do comunicado feito pola Institución Provincial, “o Alcalde permite estas afirmacións falsas e o mesmo tempo é cómplice desta situación por non licitar e executar as obras no ano 2016, co prexuizo de non poder dispor dunhas novas rúas dende o pasado ano”, os populares pregúntanse se,  “será que pretende -como sempre- xuntar moitas obras que non costea o Concello preto das eleccións municipais para dar a impresión de ter feito moito en catro anos”.  

    Polo tanto, o grupo municipal solicita, “a inmediata execución das obras de humanización das rúas Coruña, Compostela e Rafael Tilve Adrio para o disfrute dos veciños e veciñas de Salceda, pois non existe impedimento algún para que xa estivesen realizadas”