Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

Portfolio Details

  • Lores gastou máis de 3.000 euros nunha cea en Nova York en 2015

    Un restaurante de luxo foi o escenario elixido polo Alcalde do BNG para convidar a 19 persoas a unha cea na que consumiron 18 botellas do mellor viño, e deixaron 500 euros de propina,

    • “O Alcalde di que o convidan, pero na realidade pagan todos os pontevedreses”, denunciou Rafael Domínguez.
    • O Goberno do BNG debe publicar na web municipal a axenda institucional e o custo detallado de todas as viaxes, tal e como se aprobou no Pleno de maio.

     

    Pontevedra 26, xaneiro, 2017.- Ante as viaxes anunciadas nos últimos días polo BNG de Lores para este primeiro trimestre do ano, os populares esixen “o cumprimento íntegro” do acordo plenario acadado o pasado mes de maio. Deste xeito, “o Goberno local debe publicar na páxina web do Concello a axenda institucional e o custo detallado de todas estas viaxes”.

    A formación que encabeza Jacobo Moreira quere evitar así “sorpresas” ao atoparse con “facturas que rozan o esperpento” como a referida a unha cea realizada en Nova York en maio de 2015, á que asistiron tan só 19 persoas “na que o Goberno de Lores gastou máis de 3.000 euros (3263,76$)”. Un restaurante de luxo en Manhattan foi o lugar escollido polo BNG para este convite, no que “consumiron 18 botellas do mellor viño e no que estimaron oportuno deixar de propina preto de 500 euros (506,50$, exactamente)”, ironizou o edil popular, Rafael Domínguez.

    “Unha vez máis comprobamos que cando Lores di que o convidan, o que realmente quere dicir é que paga ‘Juan Pueblo’. Concretamente, nesta cea o Concello de Pontevedra gastou 160 euros por persoa (171,77$). “Cartos que saen das arcas municipais, non do peto do Alcalde”, lembrou o concelleiro popular, “está ben que Lores viaxe, pero tamén estaría ben saber cal é o rédito destas luxosas ceas para os veciños de Pontevedra”.

    Neste sentido, os populares lembraron que está non é a primeira ocasión na que Lores di que o convidan, “e para a nosa sorpresa atopamos facturas que reflicten todo o contrario”, manifestou Domínguez en relación por exemplo á viaxe a Torrevieja sobre a que o Alcalde tivo que desdicirse despois de que os populares desvelaran unha serie de facturas referidas ao desprazamento, aloxamento, aluguer de coche e dietas. “Lores dixo que pagara a DXT, e a realidade é que esa viaxe custou máis de 1.100 euros ás arcas municipais”, sentenciou o concelleiro popular.

    “Con estas viaxes xa vamos sabendo o que perde Pontevedra; pero o que  os veciños continúan sen saber é que gañou Pontevedra con esa viaxe”, sentenciou Rafael Domínguez.

     

    20170126 3FacturaLores 1