Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP lamenta que a Deputación non activara ningún dispositivo especial ante a alerta de temporal

    • “Hai neste momento árbores, muros e terrapléns caídos en moitas estradas da provincia, que nalgún caso impiden incluso o paso de vehículos e mentres, a Deputación ten as máquinas paradas no parque”, lamentan os populares.

     

    Pontevedra, 3 de febreiro de 2017.- Os deputados provinciais do Partido Popular, lamentan que a Deputación de Pontevedra non puxera en marcha durante estes días ningún dispositivo especial no parque de maquinaria a pesar da alerta de temporal de chiova e vento anunciado desde hai días.

    Segundo os populares, hoxe mesmo había maquinaria parada a pesar dos desperfectos que se produciron en moitas estradas de diferentes zonas da provincia. Unha “pasividade difícil de crer”, critican os populares, “pois os danos producidos a pasada noite nas estradas provinciais polo temporal que arrasou a provincia así como o risco de accidentes de tráfico son evidentes”.

    “Nin traballan para ter a punto todas as estradas da rede viaria provincial durante o ano, a pesar dos continuos avisos de alcaldes, oposición e veciños, nin moven as máquinas tampouco cando hai unha alerta por temporal”.

    Os populares esíxenlle ao Goberno Bipartito da Deputación que movan toda a maquinaria precisa e envíen ás estradas a todas as brigadas necesarias para evitar consecuencias maiores.

    “Hai neste momento árbores, muros e terrapléns caídos en moitas estradas da provincia, que nalgún caso impiden incluso o paso de vehículos e mentres, a Deputación ten as máquinas paradas no parque, unha situación lamentable”, inciden os populares.