Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Congreso do PP do Porriño será o 4 de marzo

    • José Manuel Barros Martínez será o presidente da Comisión Organizadora do Congreso
    • Todos os afiliados do PP do Porriño que aspiren á presidencia do partido terán ata o 14 de febreiro para presentar por escrito a súa intención de presentarse.
    • As candidaturas deberán ir acompañadas por un mínimo de 120 avais e o prazo para a súa presentación remata o 2 de marzo.  

     

    Pontevedra, e de febreiro de 2017.- O Comité Executivo do Partido Popular da provincia de Pontevedra deu luz verde á celebración, o próximo 4 de marzo do V Congreso Local do Partido Popular do Porriño,  no que terán dereito a voto os máis de 660 afiliados do PP local.

    A dirección provincial aprobou ademais o Regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso así como a Comisión Organizadora, que estará presidida por José Manuel Barros Martínez (concelleiro do PP desde 2003 a 2007), acompañarano María Calvar Miniño e Iria Lorenzo Soliño. Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso ata que comece a celebración do mesmo, que asumirá esas competencias a Mesa do Congreso.

    Todos os afiliados do PP do Porriño que aspiren á presidencia do partido terán que presentar ante a Comisión Organizadora do Congreso un escrito no que declaren a súa intención de ser candidato antes do 14 de febreiro ás 20.00 horas e poder ter así acceso ademais á documentación relativa ao Congreso.

    A candidatura deberá ir acompañada por un mínimo de 120 avais, no modelo aprobado ao efecto pola Comisión. O prazo para a presentación de avais remata o 2 de marzo ás 12.00 horas.   

    Tanto para ser candidato como para poder avalar ou votar no Congreso será necesario, tal e como recollen os estatutos do partido, figurar inscrito no censo de afiliados.