Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • 342 proxectos avalan a postura do PP de Pontevedra

     “Queda demostrado que o interese entre os colectivos foi moi alto, incluso maior do esperado nas previsións máis optimistas”,

    • “Defendemos que Ence debe devolverlle a Pontevedra todo o que esta lle deu ao longo destes anos, é evidente que moitos pontevedreses tamén o entenden así”.
    •  “Ao BNG de Lores non lle importou o interese xerado como se tan só gobernasen para os que pensan igual que eles”.

     

    Pontevedra 30, marzo, 2017.- “Sempre defendemos que Ence debía devolverlle a Pontevedra todo o que Pontevedra lle deu ao longo destes anos. Resulta evidente que moitos pontevedreses tamén o entenden así”, destacou este xoves o presidente local do PP de Pontevedra e portavoz municipal, Jacobo Moreira.

    Tras coñecer esta mesma semana que un total de 342 proxectos optarán ás axudas sociais que a empresa Ence outorgará durante os vindeiros 60 anos a razón de tres millóns de euros anuais, “queda demostrado que o interese entre os colectivos da Ría de Pontevedra foi moi alto e incluso maior do esperado nas previsións máis optimistas”, sinalou o edil popular.

    Os populares lembran que “durante todo o proceso para a solicitude destas axudas, ningún colectivo contou nin co apoio, nin coa comprensión do Concello de Pontevedra ou do BNG de Lores” polo que tiveron que informarse polos seus propios medios ou a través do Grupo Municipal do Partido Popular.

    O pasado mes de febreiro, os populares celebraron unha asemblea na Casa das Campás á que asistiron máis de medio centenar de persoas, “o que demostrou dende o primeiro momento o interese da sociedade pontevedresesa”, apuntou Jacobo Moreira.

    Neste sentido, o portavoz dos populares lamentou que “ao BNG de Lores non lle importou este interese, como si tan só gobernasen para as persoas que pensan como eles e non para o conxunto dos veciños de Pontevedra”. “Os nacionalistas dixeron que estes cartos eran ‘esmolas’, dixeron que Ence ‘compraba vontades’ e que os colectivos que optaban a estas axudas eran ‘estómagos agradecidos’”, lembrou o edil popular quen se pregunta “por que o BNG de Lores insultou a todas estas persoas”. “¿Que opinará o Alcalde tras comprobar o intereses dos veciños de Pontevedra por estas axudas?”, engadiu.

    “Estes cartos non caeron do ceo. Estes cartos son produto da negociación que a Xunta de Núñez Feijóo levo a cabo coa empresa Ence”, destacou o portavoz popular, “unha negociación que se traduce en 15 millóns de euros para unha depuradora, 5 millóns de euros para a rehabilitación do Pazo de Lourizán, cartos que a Deputación desprezou nun exercicio de máxima irresponsabilidade, ou os 180 millóns de euros para fins sociais durante 60 anos”, sentenciou Jacobo Moreira.