RIBADUMIA APROBA UNS ORZAMENTOS QUE SUBEN EN SOLDOS E BAIXA EN INVERSIONS

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • RIBADUMIA APROBA UNS ORZAMENTOS QUE SUBEN EN SOLDOS E BAIXA EN INVERSIONS

     

    Ribadumia a 5 de maio de 2017. No pleno celebrado no día de onte en Ribadumia, o goberno municipal presentou uns orzamentos para o ano 2017 por un importe de 3.474.755€, os cales foron aprobados cos votos do Tripartito que integra o goberno. O Partido Popular votou en contra dos orzamentos.

    Aumento do Gasto en Persoal

    Entre as partidas que suscitaron a critica do Partido Popular destaca o Gasto en Persoal, para o cal, o Tripartito aprobou destinar 1,2 M€, o que supón o 35% do orzamento total, incrementando a partida en 250.000€ mais do que destinou o Partido Popular nos seus últimos orzamentos do ano 2015.

    Salomé Peña criticou que o Tripartito esté a incrementar ano tras a ano a partida destinada a soldos con cargo os orzamentos municipais, sen que elo leve aparellada unha mellora dos servizos que se prestan os veciños. A portavoz popular lamenta que o tripartito destine cada ano mais recursos a apuntalar o pacto de goberno Tripartito, destinando mais gasto para soldos do goberno e dos asesores do alcalde.

    Diminución do Gasto en inversión.

    De forma paralela o aumento do gasto en persoal e soldos do grupo de goberno, baixan as inversións en obras e servizos municipais, para o que o orzamento 2017  destina 467.000€ (incluído o Plan Concello da Deputación), un 13% do orzamento total, moi lexos do 29% dos recursos que destinou o ultimo orzamento aprobado por Salomé Peña, que destinaba mais de 1M€ a realización de obras e mellora de servizos municipais, incluído o plan da deputación.

    A Portavoz dos populares manifestou “que esta era a proba mais evidente do retroceso ao que nos esta a levar o tripartito en Ribadumia, destinando os recursos municipais para apuntalar a estabilidade do grupo de goberno, en vez das obras que necesitan os veciños e o noso concello”.

    Salomé Peña lamentou que non se destinasen mais recursos a investir na mellora de servizos e instalacións, xa que é aí onde reside a capacidade dun concello para crear riqueza e oportunidades de futuro para os veciños.

    Aumento do Gasto para festas.

    Po outra banda o orzamento tamén prevé un aumento do capitulo destinado os festexos da festa do viño tinto do Salnés, incrementando a partida en 12.400€, polo que o concello pagará este ano 110.400€.

    O tripartito non tivo en conta ningunha das propostas realizadas polo Partido Popular, en canto a solicitude de recursos para a mellora do colexio de barrantes, mellora do pabellon de Barrantes, do xacimento de  Monte do Castro, a recuperación do patrimonio, as aceras da rúa condesa, o aumento dos recursos para servizos sociais ou emprego, mantimento parques e xardins, entre outras.

    Pola súa parte,  o alcalde David Castro, lamentou a tardanza en presentar as contas para o ano 2017, xustificando a tardanza na necesidade e dificultade añadida que ten elaborar un orzamento no que hai que consensuar tres forzas políticas.

    Salome Peña, portavoz dos populares, manifestou que estes orzamentos serian recordados como os orzamentos do paro e retroceso de Ribadumia.

Add comment


Security code
Refresh