O PP pide ao Concello que se ocupe do mantemento do patio do CEIP Espedregada ou polo menos «que corte a herba»

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP pide ao Concello que se ocupe do mantemento do patio do CEIP Espedregada ou polo menos «que corte a herba»

    • Trasladan as denuncias pola falta de mantemento do patio, de competencia municipal, e piden ao Bipartito «que espabile» e dea resposta ás demandas de pais e nais deste centro e outros como A Seca.
    • Para os populares, «resulta curioso» que a concelleira do ramo critique a labor da Xunta pero cando os pais lle piden algo de competencia municipal, «desapareza».

     

    Poio, 20 de maio de 2017. A concelleira e voceira de educación do PP de Poio Natividad Torres esixíu hoxe ao Concello que atenda as peticións dos pais e nais dos alumnos do CEIP Espedregada e se encargue do mantemento do patio do Centro ou, alo menos, «que corte a herba».

    A edil popular amosou unhas fotografías tomadas por integrantes da ANPA que amosan o estado do recinto do recreo, «a monte», moi descoidado e coa maleza sen cortar: «Hai herbas máis altas que moitos dos alumnos».

    Torres esixíu unha solución á concelleira de Educación do BNG, Marga Caldas, e apuntou que «resulta curioso que se dedique a criticar a labor da Xunta nos colexios pero non dea solución aos problemas que son de competencia municipal. Entre elas algo tan básico como desbrozar o patio».

    Torres indicou que o seu grupo nunca ten problemas en pedir actuacións do goberno autonómico, pero esixíulle coherencia á responsable nacionalista e recordou que o mantemento, a limpeza e o desbroce do patio do centro son competencia exclusiva do concello: «Está moi ben que a concelleira proteste e mesmo invite aos colectivos a protestar contra a Xunta, pero o que non é de recibo é que cando é ela a que ten que dar resposta aos pais, desapareza».

    Torres indicou que este non é o único colexio onde a concellería de Educación do Bipartito «está facendo deixación de funcións», e recordou tamén as demandas da ANPA do colexio da Seca, «que levan meses ou anos esperando unha resposta do Bipartito a demandas e reivindicacións históricas», polo que pedíu a Caldas «que espabile e se poña a traballar no que é responsabilidade do concello»

Add comment


Security code
Refresh