Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Francisco Conde explica aos alcaldes e voceiros do PP a proposta da Xunta para facilitar a chegada de novas empresas

     

    Pontevedra, 30 de maio de 2017.- O Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse esta tarde con alcaldes e voceiros do Partido Popular da provincia, convidado polo presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, co fin de explicarlles cal é a proposta que a Xunta trasladou á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para facilitar a chegada de novas empresas e de capital.

    No encontro, Francisco Conde sinalou que a proposta pasaría pola firma de un convenio e enmarcaríase dentro do novo Plan de Captación de Investimentos.

    Así, expuxo que os concellos que se adhiran ao convenio (podendo así contar co distintivo Concello Doing Business en Galicia) terán prioridade en diferentes ordes de axudas, como as de parques empresariais e viveiros industriais.

    Tamén segundo esta proposta, os municipios deberán comprometerse a impulsar incentivos para facilitar a adquisición do solo empresarial de titularidade municipal, a favorecer a simplificación dos trámites administrativos e a reducir os impostos e taxas ás empresas.

    Por último, o conselleiro sinalou que o Plan de Captación de Investimentos tamén contempla entre as súas medidas a Lei de Implantación Empresarial, que terá como obxectivo facilitar a chegada de actividade industrial con iniciativas como a simplificación administrativa para a implantación do proxecto.