Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Poio recorda que os “presupostos da mentira” do Bipartito invisten CERO euros nos grandes problemas de Poio

    • Para os populares, os orzamentos aprobados esta semana cos únicos votos do Bipartito «esquécense un ano máis das beirarrúas de Campelo, da seguridade na PO-308 e do saneamento».
    • «Son unhas contas irreais e feitas ás costas dos veciños, que incrementan os ingresos moi pouco a base de subir moito as multas, e que os técnicos e toda a oposición coinciden en que non cumprirán»
    • Angel Moldes: «Aprobaron uns presupostos tarde, mal e en falso nos que non creen nin eles mesmos e, como todos os anos, acabarán dándonos a razón».

     

    Poio, 3 de xuño de 2017. O PP de Poio fixo hoxe un resumo dos orzamentos municipais presentados esta semana «tarde, mal e en falso» no pleno o pasado martes 30 e recordou que invisten «exactamente CERO euros nos grandes problemas de Poio, como as beirarrúas de Campelo e na PO-308 ou o saneamento».

    Para o voceiro popular Ángel Moldes, as contas aprobadas esta semana cos únicos votos do Bipartito son os “presupostos da mentira”: «Uns orzamentos nos que nin eles mesmos cren e que eles mesmos viñeron a recoñecer que non son reais».

    Para Moldes, a negativa do Bipartito a aceptar o apoio do PP, condicionado a que se comprometesen a cumprir as partidas de gastos «é unha admisión de culpa», e recalcou a flexibilidade da proposta do PP: «Estabamos dispostos a pasar por alto os incumprimentos nos investimentos, e mesmo un uso razoable das modificacións de crédito, sempre que o alcalde garantise a veracidade dos gastos correntes; pero preferiron aprobar as contas con menos apoios desde hai moitos anos, seis meses tarde, e que eles mesmos recoñecen que son falsas».

    Moldes lamentou que con estes presupostos «o Bipartito volve rirse dos veciños», presentando como cada ano partidas irrisorias para gastos correntes que se repiten todos os anos e que todos os anos custan moito máis do que reflicten estas contas». Moldes puxo como exemplo eventos como as festas populares ou gastos de mantemento que se fan todos os anos, «e cada ano deixan invariablemente máis dun millón de euros sen partida orzamentaria».

    «O propio informe preceptivo que acompaña os orzamentos di ás claras que as partidas de gasto non son suficientes e que ano tras ano vanse aumentando mediante “compromisos” verbais e subvención indirectas, e pide ao concello que abandone estas prácticas abusivas.

    «Cando os técnicos coinciden con toda a oposición ano tras ano, é por algo», indicou Moldes, que tachou o orzamento de irreal e de costas aos veciños de Poio, algo que exemplificou co aumento en multas de tráfico: «Dos 16.000 € que aumenta o presuposto (o 0,1%), a terceira parte é en multas de tráfico, 10.000 € máis que no anterior exercicio, e non nos cabe dúbida de que en multas aínda recadarán máis». Moldes reprochou ademáis que outro ano o Bipartito incumpra o compromiso adquirido hai na anterior lexislatura de consultar as contas cos veciños e colectivos antes de presentalas «e mira que este ano tiveron tempo».

    Moldes rematou denunciando a dobre cara do Bipartito: «Xa estamos acostumados a que critiquen as nosas propostas e logo acaben poñéndoas en práctica, iso si, tarde, como a a sinatura de convenios para as subvencións nominativas –algunha de máis de 30.000 euros» e lamentando que «as falsidades sexan máis graves cada ano, cunhas contas de mentira que acaban pagando sempre os veciños de Poio».