Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • OS SALCEDENSES AFORRARÁN 20.000 EUROS EN XUROS POLO PRÉSTAMO APROBADO NO PLENO DE HOXE GRACIAS Á ENMENDA DO PARTIDO POPULAR

    • A enmenda presentada polo Partido Popular para a eliminación dos dous anos de carencia propostos polo alcalde, foi aprobada pola maioría do pleno cos votos en contra do Goberno Municipal

     

    Salceda de Caselas 2 de Xuño de 2017. No día de hoxe, venres 2 de Xuño celebrouse un pleno extraordinario para a aprobación da solicitude dun novo préstamo por valor de 789,000 euros; un préstamo que se empregará para pagar ós expropiados do Parque Raiña Aragonta.

    O concelleiro do Partido Popular, Primitivo González Souto, responsabiliza ó alcalde de mentir ó afirmar no pasado pleno de febreiro de 2017 que a situación do Concello non permitía a solicitude dun novo crédito, cando o informe de intervención constata que desde o 2012 o Concello estaba en disposición de solicitalo.

    Continúa Primitivo González “compre recordar que se no ano 2012 se houbese procedido ó pago agora non teriamos que amortizar 385,000 euros acumulados en xuros". Sinala asimesmo que “existe un agravio comparativo dado que nalgúns casos o Concello axiliza o pago pero para outros, tarda máis de cinco anos”. 

    Desde o Partido Popular transmiten que están a favor da solicitude deste préstamo posto que xa vai sendo hora que os expropiados cobren e deixen de sufrir a irresponsabilidade do alcalde. Tamén respaldan o tempo establecido para o pago mais non comparten os 2 anos de carencia que pedía Besada.

    Así pois, este Grupo presentou o pasado 26 de maio unha enmenda para eliminar a carencia de amortización do principal que se plantexaba na proposta da Alcaldía, é decir, manter o prazo da operación a 20 anos sen ningún tipo de carencia, comezando a amortizar o principal dende o momento da formalización do mesmo; unha enmenda que foi aprobada pola maioría da corporación co voto en contra do Goberno Municipal. 

    Afirma Primitivo “con esta decisión o Concello aforrará en torno ós 20.000 euros por comenzar a amortizar o préstamo dende o inicio”.

    “Realmente o que pretendía o Alcalde era dispor do importe de amortización do préstamo deses dous anos de carencia (80.000 euros) para destinalos a fins vinculados a un afán electoralista no período previo ás eleccións municipais, sen importarlle o sobrecuste da operación de crédito para as arcas do Concello -aproximadamente 20.000 euros-” remata Primitivo.