Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Os populares de Pontevedra denuncian a opacidade do BNG con respecto á viaxe a México

     O Goberno local recoñece que non se trata dunha misión comercial, como o venderon o pasado 26 de maio,

    • A concelleira nacionalista non ofrece información á oposición sobre este desprazamento. “Non hai planificación, interesa máis a propaganda. Como sempre o BNG de Lores comeza a casa polo tellado”.
    • “Na axenda teñen tres días libres, nos gustaría que aproveitasen esas datas para facer algo máis que selfies”.
    • “Tememos que hai clientelismo por parte do Goberno de Lores ás empresas amigas, do contrario non terían inconveniente en informarnos sobre as 20 empresas interesadas neste desprazamento”.

     

    Pontevedra 5, xuño, 2017.- Tras rematar a Comisión de Economía e Facenda, convocada de xeito extraordinario, polo seu presidente e concelleiro popular, Rafael Domínguez, a formación que encabeza Jacobo Moreira amosou o seu malestar ante a falta de información e a opacidade do BNG de Lores con respecto á viaxe a México, organizada para o vindeiro mes de agosto.

    “A ausencia de información é o peor que se pode transmitir. Convocamos esta Comisión cun claro obxectivo: que o Goberno do BNG ofrecese detalles sobre a organización desta viaxe e lamentablemente comprobamos que a opacidade é absoluta”, sinalou Domínguez en declaracións aos medios, “para o BNG de Lores prima a propaganda e o marketing por riba dos intereses dos veciños de Pontevedra”, engadiu.

    A Comisión, con todo, serviu para que o BNG recoñecese ata en tres ocasións que non se trata dunha misión comercial, como eles mesmos venderon e que a viaxe conta a día de hoxe con tres datas baleiras de contido. Entre a asistencia á feira Expopymes (23 – 25 agosto) e a participación nunha conferencia (29 agosto) non hai axenda marcada, nin actos, nin reunións programadas. “Os días 26, 27 e 28 de agosto os teñen libres a día de hoxe e nos gustaría que aproveitasen esas datas para facer algo máis que selfies”, sinalou Rafa Domínguez, “estamos seguros que a partir de agora, coa entrada das nosas asociacións empresariais, esta viaxe pode resultar moito máis beneficiosa”.

    “Cando se quere organizar un desprazamento deste tipo, o lóxico é planificar toda a viaxe con detalle e saber que obxectivos se perseguen. O BNG de Lores, coma sempre, empeza a casa polo tellado”, manifestou Rafael Domínguez.

    Así mesmo, os populares expresaron a súa desconformidade coa actitude da concelleira nacionalista, Anabel Gulias, que se negou a sinalar os nomes das 20 empresas que, segundo anunciou o pasado 26 de maio, estaban interesadas en participar na viaxe a México. “Tememos que hai clientelismo por parte do BNG de Lores a empresas amigas, pois do contrario, non terían inconveniente en ofrecernos estes detalles”, sentenciou o concelleiro popular.