Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O comité executivo do PPdeG conta con 21 pontevedreses

    Renovación do 65% nos representantes electos da provincia.

    • A alcaldesa de Moraña e coordinadora de Organización do PP de Pontevedra, Luisa Piñeiro, é a nova vicesecretaria de Acción Electoral.
    • Alberto Pazos, de Redondela, é o novo secretario de Organización.

    Pontevedra, 10 de maio de 2016.-  O novo comité executivo do Partido Popular de Galicia conta cun total de 21 pontevedreses, o 30% do total da nova executiva. Nesta nova etapa, o presidente Alberto Núñez Feijoo renovou nun 65% os representantes non natos da provincia, e situou a Luisa Piñeiro en unha das catro vicesecretarías executivas que se crearon e que reemprazan á vicepresidencia creada en 2006 e ao cargo de voceiro. A alcaldesa de Moraña, que é tamén deputada provincial e coordinadora de organización no PP de Pontevedra, será neste novo equipo a vicesecretaria de Acción Electoral.

    Así o anunciou o presidente dos populares galegos durante o XVI Congreso do PPdeG que se celebrou este fin de semana en Ourense, e no que se elixiu o novo comité executivo do partido. Entre os coordinadores, Núñez Feijoo aposta para a área de Organización por Alberto Pazos, do PP de Redondela; para Mocidade e Participación, por Javier Dorado; para Cultura, Teresa Egerique; para Territorio e Infraestruturas, a alcaldesa de Marín, María Ramallo; e Finanzas, Ignacio López-Chaves, que repite no cargo.

    Marta Rodríguez Arias, vicepresidenta do Parlamento de Galicia, que xa formaba parte do anterior comité executivo galego, é un dos catro vogais por designación do presidente. Pola súa parte, os alcaldes de Vila de Cruces, A Estrada e A Cañiza, Jesús Otero Varela, José Carlos López Campos e Miguel Domínguez Alfonso, son vogais electivos, xunto ao secretario do PP de Pontevedra e o delegado da Xunta na provincia, Jose Manuel Cores Tourís, e os conselleiros de Cultura e de Sanidade, Román Rodríguez e Jesús Vázquez Almuíña.

    Como vogais natos, no comité executivo inclúense o presidente provincial Alfonso Rueda, xunto a Ana Pastor, Francisco Millán Mon, Pilar Rojo, Nidia Arévalo, Jacobo Moreira, Elena Muñoz e Diego Gago.

    Núñez Feijoo apostou por un equipo renovado, nos que só cinco dos 38 representantes electos da provincia, aínda que só Ignacio López Chaves e Jesús Vázquez Almuíña o fan no mesmo posto. Teresa Egerique, María Ramallo e Marta Rodríguez Arias tamén repiten como membros do comité executivo, aínda que con diferentes responsabilidades.

    En canto á Xunta Directiva do Partido Popular de Galicia, o presidente dos populares designou para formar parte da Xunta Directiva ao alcalde de Cerdedo, José Balseiros, ao alcalde de Crecente, Julio César García Luengo, ao alcalde do Rosal, Jesús Fernández Portela,a Aurora Cañizares, concelleira de Pontevedra e ao ex alcalde de Vigo, Manolo Pérez.