Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Pontevedra designa o Comité Electoral e o Comité de Campaña para as próximas eleccións

    O Comité de Campaña estará dirixido por José Juan Durán e renóvase nun 65% con respecto ao das eleccións do 20D.

    • O Comité de Campaña estará dirixido por José Juan Durán e renóvase nun 65% con respecto ao das eleccións do 20D.
    • O Comité Electoral, encargado dos asuntos relativos á elaboración das candidaturas electorais, estará presidido por José Manuel Cores Tourís.

    Pontevedra, 11 de maio de 2016.- A dirección do Partido Popular de Pontevedra elixiu ao equipo que se encargará da organización e desenvolvemento da campaña electoral para as eleccións xerais na provincia de Pontevedra e que encabeza, José Juan Durán.

    O Comité de Campaña renóvase nun 65% con respecto ao que dirixiu a campaña dos populares nas eleccións de decembro, posto que só se mantén, das 15 persoas que o compoñen,  ao persoal da sede provincial, ningún con responsabildades políticas.

    Ademais de José Juán Durán como coordinador da campaña, incorpórase:

    Nava Castro (Responsable de Formación)
    Luis Aragunde (Responsable campaña para os dirixentes nacionais)
    José López Campos (Responsable do voto Exterior e CERA)
    Jorge Cubela (Responsable de Redes Sociais e Novas Tecnoloxías)
    Marta Lucio (Responsable de Actos Públicos)
    Marián García Míguez e Miguel Pérez Dubois (Responsables de Actos Sectoriais)
    Pablo Carollo Ramos (Responsable de Novas Xeracións)
    Ademais deles, haberá tamén un xerente de campaña, un responsable de prensa e medios, responsable de interventores e apoderados, un responsable de publicidade, imaxe e deseño, e un responsable de material.  

    DESIGNADO O COMITÉ ELECTORAL
    Así mesmo, ademais do Comité de Campaña, aprobouse tamén a designación do Comité Electoral, que é órgano competente encargado dos asuntos relativos á elaboración das candidaturas electorais.

    Estará presidido por José Manuel Cores Tourís e complétase con José Juan Durán como secretario, e 7 vogais: Alberto Pazos (Redondela), María José Rois (Pontevedra), Sagrario Franco (Vigo), Beatriz Rodríguez (Marín), María Jesús Penela (Silleda), Miguel Domínguez (A Cañiza), e Pablo Carollo(A Estrada).

    Con respecto ao Comité Electoral da anterior executiva dos populares na provincia só repiten Alberto Pazos, e o alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, polo que haberá, neste órgano, unha renovación do 85%.