Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Os colectivos de Vigo perden 165.000 euros coa eliminación de varias liñas de axudas da Deputación de Pontevedra

    Os deputados provinciais do PP reuníronse esta tarde coas asociacións afectadas

    • O PP denuncia a desaparición das axudas para vestiario, instrumentos, infraestruturas e conservatorios e escolas de música.
    • Os colectivos veciñais non recibirán as subvencións que se concedían a través do PAC, para investimentos en locais sociais, cemiterios parroquiais, camiños veciñais...
    • Para Elena Muñoz este abandono contrasta co investimento que van facer no Auditorio para que a empresa privada concesionaria faga negocio alugándolle as instalacións ao concello por 13 millóns de euros.

    Vigo, 12 de maio de 2016.- O grupo provincial do Partido Popular reuniuse esta tarde con representantes dos colectivos culturais e veciñais de Vigo, afectados pola eliminación de varias liñas de axudas da Deputación de Pontevedra que permitían apoiar a labor destas asociacións. Os deputados Elena Muñoz e Jose Manuel Figueroa, que estiveron acompañados pola voceira do grupo provincial, Nidia Arévalo, criticaron que con esta decisión os colectivos da cidade olívica perden este ano 165.000 euros, unha axuda que resultaba fundamental para as asociacións do concello e que deixarán de recibir este mesmo ano.

    Din que esta é unha noticia moi mala para os colectivos, porque este apoio era básico para eles, e entenden que este novo goberno bipartito están dando a espalda á realidade da provincia. Nesta liña, destacou que este abandono ás asociacións contrasta cos 800.000 euros que vai investir a Deputación de Pontevedra en acondicionar o auditorio para que a empresa privada concesionaria faga negocio alugándolle as instalacións ao concello por 13 millóns de euros.

    Elena Muñoz explicou que entre as liñas que a institución provincial suprimiu inclúense as que recibían as asociacións culturais para compra de instrumentos e vestiarios, para mellora das súas infraestruturas e as que se destinaban para colaborar cos gastos de funcionamento dos conservatorios e escolas de música. Só en 2015, se repartiron 21.500 euros entre 30 agrupacións da cidade a través da liña de vestiario e instrumentos; máis de 45.000 euros para mellora de infraestruturas dunha ducia de colectivos locais, nos que se incluíron obras de reparación dos centros, reformas dos salóns de actos, etc. Pero tamén quedan excluídos este ano o conservatorio e as escolas de música de Vigo, que en 2015 recibiron en total 30.000 euros e que este ano perden a axuda. A voceira do PP local tamén criticou que desapareceron as subvencións nominativas que estaban nos orzamentos de 2015 e que destinaban 28.000 euros para a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo; 30.000 euros para o Círculo Mercantil de Vigo; e 12.000 euros para os Amigos da Ópera de Vigo.

    COLECTIVOS VECIÑAIS
    As asociacións culturais non son as únicas que quedan desprotexidas, segundo denunciaron os populares, xa que nas liñas de axudas que eliminaron desde a institución provincial tamén se inclúe o Plan de Acción Comunitaria (PAC) que se repartía entre os colectivos veciñais. Só en 2015, estes colectivos recibiron 65.000 euros en Vigo, e entre os proxectos que se executaron con cargo a este plan Elena Muñoz puxo como exemplos o acondicionamento e mellora do muíño do Barbeito, o camiño do Facho, mellora e rehabilitación dos locais sociais de varias asociacións de veciños, parques deportivos e saudables, melloras no cemiterio de Matamá, etc.

    A popular explicou que o bipartito está enganando aos colectivos cando os remiten aos concellos, porque estas liñas de subvencións as eliminaron e non están incluídas no Plan Concellos. Insistiu en que neste plan que repartiron nos concellos están moi definidas as axudas, e non hai partidas nas que se poidan incluír nin investimentos que non sexan de titularidade municipal, nin actividades que non sexan de iniciativa municipal.