Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda critica a falta de iniciativa política da Deputación

    O presidente provincial reuniuse en Deputación cos deputados populares.

    • “Todas as mocións con alcance político da Deputación proveñen do Grupo do PP”

    Pontevedra, 18 de maio de 2016.- O presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, reuniuse esta mañá na Deputación de Pontevedra cos deputados do PP para manter unha reunión de traballo e criticou a falta de iniciativa política do grupo de goberno na Deputación de Pontevedra, que se suple co traballo dos deputados populares. “Desde o inicio do mandato todas as mocións que se presentaron con contido e alcance político foron presentadas e defendidas polos deputados do PP, que están facendo o seu traballo desde a oposición, e o mesmo tería que facerse desde o grupo do goberno.

    “Se non hai quen goberne ten que haber unha oposición responsable que faga propostas e estas se leven a cabo”, explicou o líder do PP na provincia, que se amosou satisfeito co traballo que realizan.

    O líder dos populares na provincia agradeceu a invitación dos seus compañeiros e aclarou que non recibiu aínda, a pesar de vivir en Pontevedra, ningunha invitación por parte do Grupo de Goberno. “Si a recibín do alcalde de Pontevedra, pero da presidenta da Deputación, nunca”.

    Nesta liña, Rueda criticou a falta de coordinación da Deputación de Pontevedra coa Xunta de Galicia, a pesar de solicitala reiteradamente.

    PLAN DE ACCIÓN COMUNITARIA

    Entre as cuestións abordadas, os populares trasladaron ao presidente do partido e á vez vicepresidente da Xunta a súa preocupación pola supresión por parte da Deputación do Plan de Acción Comunitaria (PAC), axudas coas que se beneficiaban numerosas asociacións e colectivos da provincia.

    Rueda comentou que desde a Xunta de Galicia, intentarase suplir esa falta de axudas da Deputación de Pontevedra, eliminadas sen ningún tipo de explicación, para que estas asociacións poida seguir coa súa actividade.

    PARQUE DE BOMBEROS

    A preguntas dos periodistas, Rueda recordou ademais que o goberno galego da Xunta de Galicia leva meses esperando que a deputación de Pontevedra aporten un só papel para estudar a viabilidade de que os parques de bombeiros pasen a ser xestionados de forma directa polas administracións públicas. “Tras varias reunións, todas a iniciativa da Xunta, e despois de tres meses seguimos esperando”.

    Recordou ademais que as únicas condicións que se fixaron desde a Xunta de Galicia para este cambio de xestión, foron que non supoña un maior custo para as arcas públicas e que os actuais traballadores non perdan o seu posto de traballo.

    TEMPORAIS

    Comentou ademais que a Xunta de Galicia espera a colaboración das deputacións nas axudas que a Xunta entregará aos concellos para facer fronte aos danos ocasionados polos temporais. “O goberno galego compromeuse a sufragar o 30% do custo dos investimentos necesarios, uns dous millóns de euros, e esperamos que as institucións provinciais se impliquen da mesma maneira nesta cuestión e aportar unha parte dos cartos necesarios.