O PP cualifica de “escandaloso” o retraso que leva a cuberta da piscina de Cambados e consideran á alcaldesa cómplice da “ineficacia” da Deputación

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP cualifica de “escandaloso” o retraso que leva a cuberta da piscina de Cambados e consideran á alcaldesa cómplice da “ineficacia” da Deputación

    • Aragunde lamenta que dous anos despois decidan redactar un novo proxecto e calcula que o retraso será como mínimo de 3 anos.
    • Segundo Moldes, “ninguén dubida que se Aragunde continuase sendo alcalde e o PP gobernara na Deputación a cuberta da piscina xa estaría rematada”.
    • Nidia Arévalo considera que a forma de traballar da alcaldesa de Cambados e da súa compañeira de partido, Carmela Silva, é a mesma: paralización do Concello e paralización da Deputación.

     

    Cambados, 6 de xullo de 2017.- Os deputados provincial do Partido Popular, Luis Aragunde, Nidia Arévalo e Ángel Moldes, consideran que se hai un exemplo claro da “ineficacia, inoperancia e falta de xestión dos equipos de goberno da Deputación e do Concello de Cambados” é o proxecto da cuberta da piscina municipal. Un proxecto de 650.000 euros que os  gobernos local e provincial do PP chegaron a adxudicar pero co cambio de goberno e un cambio da empresa concesionaria da piscina que solicitaba algunha modificación quedou totalmente paralizado. 

    A sorpresa foi que, os novos gobernos do PSOE en lugar de facer as modificacións do proxecto, que non levarían máis de un mes, optaron pola redacción dun novo proxecto, polo que os populares calculan que pasarán como mínimo 6 meses máis antes de que poidan contratar e polo tanto, a cuberta da piscina terá un retraso histórico, no mellor dos casos, de 3 anos, cando os gobernos do Partido Popular o deixaron adxudicado.

    Aragunde cualifica de “escándalo” esta situación e pregunta se a alcaldesa de Cambados e a presidenta da Deputación que son compañeiras de partido quedan para algo máis que para tomar café. “Preguntámonos se xestionan algo para Cambados, para atraer investimentos e facer algo para os veciños porque o que están demostrando é que todo o que predicaban cando estaban na oposición era autopropaganda pero non teñen nin capacidade de xestión nin para resolver problemas”.

    Na mesma liña se manifestou o deputado provincial, Ángel Moldes que dixo que os alcaldes deben estar para buscar solucións e alternativas, non para dicirlle aos veciños cales son os problemas, e “desde logo ninguén ten dúbidas de que se o PP seguirá gobernando na Deputación e Luis Aragunde fose o alcalde de Cambados está obra estaría feita xa desde hai moito tempo”.

    Moldes pediulles aos demais partidos políticos de Cambados que presionen ao PSOE para solucionar aqueles problemas que lle afectan a Deputación e ao Concello de Cambados, e que non miren cara a outro lado cando se evidencia a falta de xestión do partido solicialista porque os afectados son os veciños de Cambados.

    Nidia Arévalo, pola súa parte, incidiu en que a forma de traballar da alcaldesa de Cambados e da presidenta da Deputación é a mesma, paralización do concello e paralización da provincia. “Debería darlle vergonza ser cómplice da presidenta e permitir que desde a Deputación se paralicen proxectos importantes para o seu concello”. 

    A deputada popular lamentou ademais que a Comarca do Salnés se vexa gravemente afectada polo novo goberno provincial e instou ao PSOE a que se poñan a traballar dunha vez “porque levamos dous anos de parálise”. 

Add comment


Security code
Refresh