Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP solicita ao Bipartito da Deputación a consolidación definitiva de Príncipe Felipe

    Os populares solicitan un pleno extraordinario para que o Goberno Provincial aclare a súa postura

    • Nidia Arévalo explicou ademais que a Deputación enviou, despois de 5 meses, a documentación pendente á Xunta de Galicia.
    • Ángel Moldes insiste en que a intención do Bipartito é pechar Príncipe Felipe “está no pacto de Goberno PSOE-BNG”.

     

    Pontevedra, 12 de xullo de 2017.- Os deputados do Partido Popular presentaron esta mañá por rexistro  a solicitude dun pleno extraordinario para que o Bipartito da Deputación se comprometa a manter os servizos de acollida de menores que presta o centro infantil Príncipe Felipe, trala alarma creada polo Goberno Provincial ao emitir unha carta asinada á Xunta de Galicia na que se manifesta que se deixaría de ofertar o servizo prestado na Unidade de Primeira Acollida e se eliminaría do acordo o réxime de internamento.

    A deputada popular, Nidia Arévalo, explica que aínda que o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, conta outra versión aos medios  de comunicación e agora se pida diálogo, o certo é que a primeira carta non se anulou, polo que a preocupación dos menores do centro, das súas familias e dos traballadores do centro vai en aumento, pois parece que “queren eliminar a gran obra social da Deputación de Pontevedra que leva 40 anos funcionando”.

    Nesta liña, Arévalo critica que a presidenta da Deputación se abandere como a gran defensora do labor social, cando deixa que se xogue co futuro deste centro. “Defensora de que?”, pregunta, pois nunca antes, ata a chegada do Goberno Bipartito á Deputación o se deixou de apostar pola cidade infantil. Primeiro foi o reparto de áreas, nas que unha parte do centro depende dunha deputada do BNG e outra parte do PSOE, cando por riba se demostra que non existe diálogo entre elas, logo diminuíndo o orzamento destinado para este complexo asistencial e para “rematar esta desfeita” emitir un documento asinado por un membro do goberno bipartito dirixido á Xunta de Galicia no que se deixa clara a intención de “deixar de ofertar o servizo prestado pola Unidade de Primeira Acollida e o réxime de internamento”.

    No mesmo sentido se manifestou o outro voceiro dos populares, Ángel Moldes, “están intentado pechar todo o que funcionaba, primeiro foi o parque de maquinaria e agora é Príncipe Felipe, pois está no pacto de goberno do PSOE e BNG”. 

    Nidia Arévalo explicou ademais que a Deputación enviou, despois de 5 meses, a documentación pendente á Xunta de Galicia. “Primeiro mandan unha carta para romper o convenio e logo da problemática creada mandan a documentación que tiñan pendente. ¿Non sería mellor que comezaran por aquí? Enviar os datos primeiro e logo sentarse a negociar e dialogar cos responsables da Deputación, da Xunta e do centro que saben como funciona para que a transferencia ou negociación fora consensuada? Porque detrás de todo isto están 75 nenos e as súas familias” sinala a deputada popular.