Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • UN NOTARIO PARALIZA A TRAMITACIÓN DA CESIÓN DA PARCELA PARA A CONSTRUCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE POLOS RETRASOS NA XESTIÓN URBANÍSTICA DO GOBERNO MUNICIPAL

    • O PP de Salceda denuncia a manipulación do Alcalde sobre o Centro de Saúde
    • Os documentos oficiais deixan en evidencia a xestión urbanística do Alcalde que non fixo os trámites en tempo e forma nin enviou a documentación modificada tras a reparcelación 

     

    Mércores, 12 de xullo de 2017. O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, amósase abraiado ante as acusacións tan graves vertidas polo Alcalde de Salceda nos medios de comunicación. En resposta unha vez máis ó seu intento de manipulación, Davila explica que “Besada continúa sen asumir a responsabilidade dos restrasos na xestión urbanística do Goberno Municipal; e o que é máis grave, minte e osa acusar a este Grupo e á Xunta de Galicia de entorpecer a construción do Centro de Saúde cando o único culpable é el mesmo por aportar datos inexactos na firma do Convenio. Non o dice o Partido Popular de Salceda de Caselas, díceo un notario”.

    Explican os populares que “cando no 2011 se acordaba a cesión dos terreos á Administración Sanitaria Galega, como o solo cedido non era urbanizable e o Concello non tiña a plena propiedade sobre o mesmo, foi preciso un proxecto previo de reparcelación. Tras esta reparcelación os datos rexistrais da finca mudaron –novo libro, novo número…- e o alcalde, non comunicou as modificacións ó SERGAS. Ademais, no Convenio asinado coa Xunta aportou a documentación sen modificar, é dicir, os datos rexistrais da finca previos á reparcelación (2011) e non os actuáis (2015). Foi este o motivo polo que o pasado 10 de Marzo deste ano non se puido firmar a escritura pública ante notario, xa que o mesmo alertou da non coincidencia dos datos rexistrais da finca que se describe no convenio (cláusula 2ª)  e a da resultante da reparcelación. Este feito foi o que impediu que o trámite de cesión da parcela á Xunta de Galicia puidese levarse a cabo definitivamente”. 

    Ante esta situación, o SERGAS requeriu en varias ocasións ó Goberno de Movemento Salceda os documentos que acreditasen o novo certificado de Rexistro da parcela co número correxido, o seu carácter patrimonial e a confirmación de que o terreo está libre de cargas, pero segundo explica Davila “o Alcalde continúa sen achegar a documentación correcta amparándose no argumento de que os datos da finca continúan a ser os mesmos, o cal é totalmente falso;  Besada pretendía ceder no Convenio unha parcela que non existía no Rexistro da Propiedade de Tui”

    Asegura Davila que “este é o único motivo polo que a cesión da parcela á Xunta de Galicia se atopa paralizada. Nin o Partido Popular de Salceda de Caselas nin a Xunta de Galicia son culpables. Se a día de hoxe non temos o Centro de Saúde é porque Marcos Besada non fixo os trámites en tempo e forma nin aportou a documentación precisa para que se puidese asinar a escritura pública. O que o alcalde ven a demostrar cos retrasos na xestión urbanísitica é un absoluto desprezo polos/as salcedenses. Pouco se pode esperar dun alcalde que non vive no pobo que goberna, que non coñece as verdadeiras necesidades dos seus habitantes e que oculta o paradeiro dos cartos que o Goberno Municipal lle cobrou ós veciños e ás veciñas por tres actuacións no Auditorio Municipal. 

    “O único que quere o Partido Popular é o Centro de Saúde ca maior brevidade e legalidade posible. Eu  si vivo en Salceda e si vou ó Centro de Saúde cas miñas fillas por iso me parece increíble que o Alcalde me acuse de sabotear a súa construción. Non son eu quen xestiona a cesión da parcela, non son eu quen asina os documentos, non son quen modificou o Peri, non son eu quen fixen a reparcelación no ano 2015…, por todo isto queda de manifestó quén é o responsable da situación actual. Os que gobernan ou os Grupos da oposición?”

    “A este Grupo seméllaselle vergonzoso que o alcalde pretenda obter rédito político dun tema tan importante coma este. Por iso, ante a gravidade da situación e das acusacións do Alcalde a este Grupo, solicitaremos a súa comparecencia no próximo pleno municipal”, remata o voceiro popular.