Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Banco de Alimentos seguinte parada da #RutaSocialPontevedra

    • Jacobo Moreira continúa coa rolda de contactos con asociacións e colectivos sociais do municipio, escoitando as súas demandas.
    • O Banco de Alimentos xestiona arredor de 19 – 20 toneladas de alimentos ao mes coas que axudan a preto de 5.000 familias pontevedresesas. “Unha labor encomiable que non podemos pasar por alto”, destacou.

     

    Pontevedra 12 xullo, 2017.- O presidente local do Partido Popular e portavoz municipal, Jacobo Moreira, achega a Ruta Social ás instalacións do Banco de Alimentos de Pontevedra.

    “Seguimos escoitando as inquedanzas dos colectivos e asociacións sociais do noso municipio co obxectivo de trasladarlles o noso apoio na súa encomiable labor e tratar tamén de darlle solucións ás necesidades que nos presentan”, destacou este mércores o portavoz dos populares tras a visita ás instalacións deste colectivo.

    Jacobo Moreira quixo tamén agradecer “o traballo que vén desempeñando o Banco de Alimentos na sociedade pontevedresa, xestionando mensualmente arredor de 19 - 20 toneladas de alimentos que achegan ás persoas máis desfavorecidas”.

    Actualmente a entidade social colabora con 36 ONG’s, chegando así a axudar a preto de 5.000 familias e contando coa colaboración de numerosos voluntarios, tal e como lle trasladou Jose Luis Doval, responsable das instalacións no noso municipio, a Jacobo Moreira.

    O Banco de Alimentos tamén logrou acadar unha axuda de 28.000 euros a través do Plan Social acadado pola Xunta de Galicia con Ence. “Buscabamos un beneficio social para Pontevedra e o estamos alcanzando”, destacou Jacobo Moreira quen se implicou intensamente en arrancarlle este compromiso á empresa pastera, “Ence ten que devolverlle a Pontevedra todo o que esta lle deu ao longo destes anos”, insiste.