Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Cuntis celebra que o Goberno Local asfalte por fin a pista da Ran – Trasponte

    O proxecto contaba con financiamento desde marzo de 2015

     

    • “A axilidade que pregoaban e as preocupacións que dicían ter, mentres estaban na oposición, non a están a cumprir”, sinana Antonio Pena.
    • O Bipartito presumía esta pasada fin de semana da I Romaxe das Artes e das Letras, cando non é máis ca unha copia idéntica do proxecto posto en marcha polo Goberno do Partido Popular “Cuntis en Flor”.

    Cuntis, 19 de maio de 2016.- O grupo Municipal do Partido Popular de Cuntis celebra enormemente que o novo executivo se decidira despois de case un ano no goberno a asfaltar a pista que vai dende A Ran ata Trasponte. O estado deste vial xa hai mais de un ano que presentaba un aspecto pouco recomendable no seu firme o que levou ao goberno local a solicitar o seu arranxo e a incluílo nun dos Plans de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra.

    Este vial ten cada vez máis ocupación xa que non somentes serve de saída ás veciñas e veciños do lugar de Trasponte senón porque tamén é vía de entrada para a rúa Bernardo Sagasta.

    O que non entende o grupo municipal do Partido Popular é o retraso de case un ano en facelo pois estando o PSOE na oposición parecía que era moita a preocupación que mostraba por este vial e por estas veciñas e veciños.

    Cabe recordar que cando se levou a Pleno o arranxo da rúa Bernardo Sagasta votaron en contra do proxecto polo que Cuntis quedou sen case catrocentos mil euros (o Partido Popular , no goberno, non contaba con maioría absoluta) e o que alegaban non era outra cousa que a incomunicación na que quedaban, segundo os socialistas, as veciñas e veciños deste lugar.

    Está claro que a axilidade que pregoaban e as preocupacións que dicían ter, mentres estaban na oposición, non a están a cumprir pois o único que lles interesa, a criterio do voceiro popular, é facer tempo para poder decirlle á xente que é un proxecto propio en lugar de dicirlle que era un proxecto que xa contaba coa financiamento da Deputación de Pontevedra dende marzo de 2015. O mesmo que sucede con outros proxectos como por exemplo o arranxo das pistas do patio do colexio.

    Os populares consideran que o Goberno local pretende “borrar todo o que soe a goberno do Partido Popular. Parece ser que esta é a premisa número un do goberno en coalición PSOE–BNG.

    COPIAS IDÉNTICAS

    Nesta liña, Antonio Pena explica como esta pasada mesma fin de semana, o executivo se enchía de razón e presumía co seu proxecto denominado I Romaxe das Artes e das Letras, cando este proxecto non era máis que unha copia idéntica do proxecto posto en marcha polo Goberno do Partido Popular que levaba o nome de Cuntis en Flor.

    A única diferenza foi que os membros do Partido Popular si que participaron e colaboraron nas actividades mentres ca eles en anos anteriores nin se presentaron pola vila e cando o fixeron foi para facer escarnio. Aínda a xente lembraba o pasado 17 as risas e burlas do actual concelleiro de Cultura diante da actuación das corais cuntienses na Praza das Árbores.

    A gran pregunta que se fan os populares e que se facían os propios veciños o pasado martes era, por que se celebraron o Cuntis en Flor cambiándolle o nome, non fan o mesmo coa Belle Époque?