Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP DE PONTE CALDELAS DENUNCIA QUE A FALTA DE PREVISIÓN DE ANDRÉS DÍAZ DEIXA A PRAIA FLUVIAL DE A CALZADA SEN SOCORRISTAS

    • A praia fluvial de A Calzada, a única praia fluvial de España con bandeira azul galardón obtido polo anterior goberno local, so ten contradado a un socorrista a dia de hoxe, cando a normativa de ADEAC, a entidade que concede as bandeiras azuis, establece que como mínimo debe contar con 3 socorristas para garantir que haxa sempre como mínimo 2 nos horarios de baño.
    • Esta problematica obrigou o Concello de Ponte Caldelas a suprimir o servizo de socorrismo esta fin de semana e pon en risco o mantemento da bandeira azul.

     

    Ponte Caldelas, 15 de Xullo de 2017.- O Partido Popular de Ponte Caldelas denuncia que a falta de previsión de Andrés Díaz deixa a praia fluvial de A Calzada sen socorristas.

    A praia fluvial de A Calzada, a única praia fluvial de España con bandeira azul galardón obtido polo anterior goberno local, so ten contradado a un socorrista a dia de hoxe, cando a normativa de ADEAC, a entidade que concede as bandeiras azuis, establece que como mínimo debe contar con 3 socorristas para garantir que haxa sempre como mínimo 2 nos horarios de baño.

    O Partido Popular atribúe esta falta de socorristas a mala previsión do alcalde Andrés Díaz, xa que o Concello non ofertou as prazas de socorristas ata o 14 de Xuño, tamén recorda que esta situación nunca se deu en Ponte Caldelas xa que antes contratabanse os  socorristas coa debida antelación para garantizar o funcionamento do servizo.

    Esta problemática obrigou o Concello de Ponte Caldelas a suprimir o servizo de socorrismo esta fin de semana e pon en risco o mantemento da bandeira azul.

    "É unha vergoña que a praia fluvial de A Calzada quede sen servizo de socorrismo porque o Concello non fixo unha boa previsión a hora de contratar os socorristas" afirmou Ricardo Castro.

    "Ademais se hai que suprimir o servizo para dar descanso o unico socorrista deberiase facer un dia entre semana para que o fin de semana, que é cando hai unha afluencia maior de visitantes, se puidese contar co servizo."

    "Isto é un desproposito, o anterior goberno invertiu e apostou fortemente pola praia fluvial de A Calzada culminando a consecución da primeira bandeira azul para unha praia fluvial, para que agora se vote a perder todo este traballo." Rematou Ricardo Castro.