Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

Portfolio Details

  • O PP de Pontevedra esíxelle á Deputación que asuman responsabilidades polo incendio de Tenorio

    • As competencias en materia de emerxencias son moi claras, e no caso dos pequenos concellos correspóndenlle a Deputación”, explica Ángel Moldes.
    • “Que dean a cara e non se escondan coma sempre cando hai problemas, eludindo responsabilidades ou falando de transferencia de competencias”, sinala o voceiro popular.

     

    Pontevedra, 17 de xullo de 2017.- O voceiro provincial do PP de Pontevedra, Ángel Moldes, esixe á presidenta da Deputación que explique por que os bombeiros tardaron máis de 2 horas en chegar ao incendio de Tenorio e pide ademais que o Goberno Provincial asuma responsabilidades, pois as competencias en materia de emerxencias son moi claras, e no caso dos pequenos concellos correspóndenlle a Deputación”.

    “Non esperamos demasiado das explicacións que poidan dar agora desde o Goberno Provincial, porque coma sempre tratarán de desviar a atención ou poñer dez mil escusas, pero o único certo é que as competencias son de Deputación e que o Consorcio Provincial de Bombeiros non xestionou debidamente o operativo, pois foi lento e ineficaz, sen ter en conta a negativa de atención dos bombeiros de Pontevedra a pesar de estar a 15 minutos do incendio”, explica Moldes.

    “Ese é o interese do bipartito da Deputación polos pequenos concellos da provincia, totalmente desatendidos aínda cando se trata dun caso de emerxencia. A presidenta da Deputación falou hai máis de un ano dun cambio de xestión e da creación de subparques de bombeiros, pero a realidade é que todo o que di queda coma sempre en palabrerío e autopropaganda barata, pois a día de hoxe segue sen facer ningunha xestión”.

    Neste sentido Moldes esixe que “dean a cara, que non se escondan coma sempre cando hai problemas eludindo responsabilidades ou falando de transferencia de competencias e que de unha vez se poñan a traballar en serio polos concellos desta provincia pois o servizo provincial de bombeiros debería ser unha das súas prioridades e eles son os que se teñen que preocupar de que forme dunha maneira efectiva, polo que non valen as escusas de ningún tipo”.