Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Lores gastou só en xuño 2,1 millóns de euros en 11 contratacións a dedo

    Pontevedra continúa á cola en niveis de transparencia segundo fixo público a ONG Transparencia Internacional, 

    • “Lores converteu o excepcional en habitual”, denuncian os populares en referencia ao uso desmesurado dos contratos negociados sen publicidade. 
    • “O BNG de Lores está a dar prioridade á contía do contrato por riba das necesidades reais dos veciños de Pontevedra”.

     

    Pontevedra 18, xullo, 2017.- Dous días antes de que se debata no Pleno municipal a moción sobre o cumprimento da Lei de Transparencia en materia de Negociados Sen Publicidade presentada polo Grupo Popular, a formación que encabeza Jacobo Moreira volve a denunciar “a opacidade do Goberno de Lores” que “só no mes de xuño licitou ata 11 contratacións a dedo por un valor de máis de 2,1 millóns de euros”.

    “O procedemento negociado sen publicidade é un mecanismo ao que pode recorrer o Concello de xeito puntual, pero Lores converteu o excepcional en habitual”, reiterou hoxe o portavoz dos populares no Concello de Pontevedra, Jacobo Moreira. Durante os primeiros cinco meses deste 2017, o Goberno local realizou 6 contratacións baixo este modelo, e só en xuño a cifra elevouse “desproporcionadamente, sen control e sen planificación algunha”, destacou o edil popular, “sen acompasar ingresos e gastos e desatendendo as advertencias dos técnicos municipais”, engadiu.

    Tras analizar as contratacións a dedo, Jacobo Moreira marca a atención sobre o axuste realizado en moitas adxudicacións ao límite permitido para empregar este procedemento (200.000 euros sen IVE), “isto nos leva a pensar que o BNG de Lores está a dar prioridade á contía do contrato por riba das necesidades reais dos veciños de Pontevedra”.

    Así mesmo, os populares cualifican esta situación como “unha fuxida cara adiante para evitar atoparse cun superávit récord como o do pasado ano: 5,5 millóns de euros sen gastar mentres que dende o rural continúan reclamando investimentos”.

    Pontevedra continúa á cola en niveis de transparencia

    “Os veciños de Pontevedra teñen o dereito a coñecer en que gasta o seu Goberno os cartos e, sobre todo, como os gasta: a dedo e sen concurso público”, destacou Jacobo Moreira quen se apoiou na última publicación da ONG Transparencia Internacional, que nos volve a situar á cola en canto a transparencia, para reclamar de novo ao Goberno de Lores unha maior implicación en transparencia. “Temos que deixar de ser os campións da opacidade”, sentenciou Jacobo Moreira.