Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ángel Moldes insta a Carmela Silva a escoitar aos alcaldes da comarca de Pontevedra e buscar unha solución en materia de emerxencias

    • Moldes recorda que segundo o artigo 26 da Lei de Bases de Réxime Local, correspóndelle a Deputación as competencias en materia de emerxencias para os concellos de menos de 20.000 habitantes
    • Sabemos dos problemas da presidenta Carmela Silva para reunirse cos alcaldes do Partido Popular e incluso con moitos do seu mesmo partido, pero neste caso non lle queda máis remedio que escoitalos e tratar entre todos de buscar a mellor solución”.

     

    Pontevedra, 19 de xullo de 2017.- Ángel Moldes, voceiro provincial dos populares, considera que a  presidenta da Deputación debería reunirse cos alcaldes da comarca de Pontevedra para tratar de buscar unha solución en materia de emerxencias. “Dá o mesmo quen tome a iniciativa, pero Carmela Silva debe escoitar aos alcaldes da comarca, pois é a Deputación a que ten que dar unha resposta”.

    Moldes recorda que segundo o artigo 26 da Lei de Bases de Réxime Local, correspóndelle a Deputación as competencias en materia de emerxencias para os concellos de menos de 20.000 habitantes, como é o caso de todos os concellos afectados da comarca de Ponteveda e polo tanto debe ser esta administración a que ten que estudar e canalizar as propostas.

    “Sabemos dos problemas da presidenta Carmela Silva para reunirse cos alcaldes do Partido Popular e incluso con moitos do seu mesmo partido, porque hai algúns da provincia que aínda non os coñece a pesar de estar no ecuador do mandato, pero neste caso non lle queda máis remedio que asumir a responsabilidade que lle corresponde, escoitalos e tratar entre todos de buscar a mellor solución”.

    Nesta liña sinala que algúns alcaldes como o de Ponte Caldelas teñen a esperanza na Xunta e no vicepresidente, Alfonso Rueda, seguramente porque non confían en que a Deputación solucione nada, pero quen ten neste momento as competencias para os pequenos concellos é a Deputación, polo tanto debe ser a onde primeiro se dirixan.

    Ángel Moldes explica que os deputados populares non van entrar polo momento a valorar ningunha das propostas que se fixeron nestes días, porque as competencias están moi ben delimitadas, e neste caso é a Deputación a que ten que dar o paso e tratar de consensuar unha solución, a partir de aí sería razoable que se dirixiran a outros organismos. 

    “A forma de actuar do Bipartito da Deputación adoita ser esconderse sempre que hai problemas que lle afectan e tratar de desviar a atención, pero a lei é moi clara, polo que lle pedimos que afronten o problema de unha vez”, conclúe.