Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP DE SALCEDA CRITICA QUE O ALCALDE NON TIVESE A MESMA RAPIDEZ PARA SOLUCIONAR O PROBLEMA DAS EXPROPIACIÓNS DO PARQUE RAIÑA ARAGONTA QUE PARA SACAR A FOTO COS AFECTADOS

    • Os populares argumentan que o pago puido facerse no 2008 cos 400.000€ dun crédito solicitado polo o Alcalde e a partir de 2012 segundo o informe de intervención
    • Por culpa da nefasta xestión de Besada e do seu Grupo de Goberno, o Concello terá que amortizar 385,000 euros máis acumulados en xuros polo retraso de dez anos no pago.

     

    Venres, 21 de xullo de 2017. O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila afirma que “como xa ven sendo habitual cos temas de gran relevancia para o noso Concello, o Alcalde de Salceda descarga a responsabilidade nos demáis para encubrir a súa irresponsabilidade á fronte do Goberno Municipal e nefasta xestión”:

    “Cómpre recordar que, aínda que o Alcalde afirmaba no pleno do pasado febreiro que o Concello non podía facer fronte á solicitude dun novo crédito, son diversos os feitos que o desminten” explica Davila: En xuño do ano 2008, cinco meses despóis de emitirse a resolución do Xurado de Expropiacións de Galicia, na que se estipulaba o pago de 201,6€ por metro cadrado ós expropiados, o Alcalde pedía un préstamo por valor de 400.000€ para desenrolar as inversións previstas nos orzamentos dese ano”. Ao respecto, o voceiro popular pregúntase “cómo é posible que ese préstamo non se destinase a pagar a débeda cos expropiados. E non só iso, senon que existe un informe de intervención que constata que dende o 2012 o Concello estaba en disposición de solicitar un novo préstamo que permitiría pagar ós afectados”

    Os populares amósanse sorprendidos ante a actitude do alcalde, ó presumir nos medios de comunicación -para intentar sacar rédito político coma ven sendo habitual - de que o seu goberno cumpre e paga ós expropiados, cando os veciños/as levan máis de 10 anos esperando. É máis, Davila afirma que “se no ano 2012 se houbese procedido ó pago agora non teriamos que amortizar 385,000 euros acumulados en xuros; uns cartos que ben se poderían adicar a saneamento, parques infantís, melloras das aulas e outras moitas necesidades que precisa o noso Concello pero que, pola irresponsabilidade do alcalde, teremos que pagar todos/as os/as salcedenses”

    Recorda Davila tamén que, “grazas a unha enmenda do Partido Popular no Pleno do pasado venres 2 de Xuño, os salcedenses aforraranse en torno ós 20,000 euros ó comezar a amortizar o préstamo dende a formalización do mesmo e non cos dous anos de carencia que pretendía o alcalde 

    Por todo isto, os populares non chegan a entender cómo se acusa a este grupo da situación cando é evidente, como así o demostran os feitos, que os únicos culpables e responsables de que o pago das expropiacións do Parque Raiña Aragonta acumulen anos de retrasos son o Alcalde e o seu Grupo de Goberno.

    “É unha mágoa que a mesma rapidez empregada para convocar ós afectados para facer unha foto e alardear diso ante a opinión pública non a tivese o Alcalde para negociar o pago e solventar o problema” remata Davila.