Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O investimento da Deputación no Auditorio do Mar permitirá á empresa concesionaria gañar 13 millóns de euros alugándolla ao Concello de Vigo

     

    • “Dixemos en moitas ocasións que estamos totalmente de acordo en colaborar para que a Uned se implante na cidade, pero non a calquera prezo”, sinala Elena Muñoz.
    • O grupo provincial do PP solicitará no pleno que a Deputación rescinda este convenio e que destine os 800.000 euros do investimento para apoiar aos colectivos culturais, veciñais e sociais de Vigo.
    • Piden que aposten pola alternativa gratuíta, que é que a UNED se vaia aos edificios dos xulgados que quedarán baldeiros cando se trasladen ao Xeral.

    Vigo, 19 de maio de 2016.-O grupo provincial do Partido Popular denuncia que só hai un claro beneficiario no convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo para habilitar un aula da UNED no Auditorio do Mar desta cidade, e que é a empresa que ten a concesión desta instalación. Segundo explicou esta mañá a deputada provincial e voceira do PP local, Elena Muñoz, o convenio que aprobaron na xunta de goberno provincial permite investir 800.000 euros en acondicionar este auditorio para que despois o Concello de Vigo alugue estas instalacións á concesionaria, por un prazo de 20 anos e un total de 13 millóns de euros. “Dixemos en moitas ocasións que estamos totalmente de acordo en colaborar para que a Uned se implante na nosa cidade, pero non a calquera prezo”, sinalou a deputada popular.

    Para os populares, “plantexar un aluguer durante 20 anos, por 13 millóns de euros, dunhas instalacións que son municipais e están concesionadas a unha empresa privada non nos parece a mellor forma de utilizar os fondos públicos. Pero que se incorpore a esta operación a Deputación de Pontevedra, aínda por riba facéndolle as obras a esta concesionaria para que logo se lucre co aluguer ao concello, parécenos xa o colmo”.

    Elena Muñoz sinalou que “a Deputación de Pontevedra non está apostando e investindo en Vigo exactamente no que a cidade e os cidadáns necesitan, e en cambio está dando diñeiro a unha concesionaria privada”. Como exemplo, dixo que a institución provincial ten abandonados aos colectivos culturais e veciñais da cidade, e recordou que “hai máis de 70 colectivos que recibían axuda e que agora non reciben nada, e teñen que ver como se inviste nun espazo municipal ao que queren dar unha saída cando hai outra alternativa gratuíta que xa plantexou o PP”, e referiuse á posibilidade de que a UNED se vaia ás instalacións que van quedar baldeiras nun dos edificios de xulgados cando se trasladen ao Xeral. “Polo tanto, hai unha solución gratuíta para todos os vigueses e para todos os pontevedreses, e elixiuse esta solución que só deixa contento a un, que é a concesionaria deste auditorio”, engadiu.

    Por este motivo, na proposta que o grupo provincial do PP presentará á Deputación de Pontevedra no pleno deste mes é que rescindan este convenio e que destinen eses 800.000 euros para colaborar cos colectivos culturais, veciñais e sociais da cidade, “que desde logo o necesitan e que fan unha labor extraordinaria, que desde o PP imos seguir recoñecendo e reclamando”.

    Para Elena Muñoz, o balance da Deputación de Pontevedra na cidade “é decepcionante” para todos os vigueses. “Temos unha presidenta da Deputación que é primeira tenente de alcalde do Concello de Vigo, e está dando a espalda a Vigo, ocupada noutras cousas, pero non en dar resposta a todas as promesas e peticións que se fixeron desde esta cidade, por certo encabezadas polo propio alcalde de Vigo que agora ben calado está”. Di que “xa non pide os 50 millóns de investimentos, xa non esixe investimentos importantes para a cidade… Agora semella que está noutra guerra diferente, e desde logo, a presidenta e o equipo de deputados de Vigo que están na Deputación están defraudando a todos os vigueses”.