Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP solicita a Deputación parques infantís para os concellos de menos de 50.000 habitantes

     

    Pontevedra, 26 de xullo de 2017.- O Partido Popular presentou unha moción na Deputación que se someterá a aprobación na próxima sesión plenaria na que solicita a creación dun Plan de dotación de parque infantís para os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.

    Transcorridos 10 anos desde que a Deputación puxo en marcha o último plan de parques infantís, en colaboración cos concellos, e cos que crearon ou renovaron máis de 250 áreas recreativas, os populares consideran que é o momento de facer unha nova revisión que contemple a creación de novas áreas nos concellos de menor tamaño así como melloras nos parques xa existentes xa que o paso do tempo, sumado ao uso intensivo provocou que motas destas instalacións estean hoxe moi deterioradas e nalgúns caso incluso non sexan aptas para o desfrute dos cativos.

    O deputado Ángel Moldes, sinala que ademais do Plan Concellos a Deputación ten que crear liñas específicas de axudas aos concellos, porque é a súa obriga cooperar economicamente cos municipios e ver as necesidades e demandas coincidentes, como é a creación de novas áreas de xogo e a renovación dos parques infantís xa instalados, xa que é unha das peticións na que coinciden os alcaldes da provincia.

    “Se o Goberno Provincial se reunira cos alcaldes sabería cales son as necesidades dos concellos e as verdadeiras demandas dos veciños, e poderían sacar liñas específicas con moito máis éxito que alguhas que se puxeron en marcha nos últimos meses, como a das comunidades de montes”.