Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • CUNTILÍN. Malestar entre os pais e nais de Cuntis polo cese deste servizo municipal sen previo aviso.

     

    Cuntis, 26 de xullo de 2017.-Moitos pais e nais cuxos cativos acoden diariamente ao Servizo do Cuntilín destinado a conciliar a vida familiar e laboral e creado hai arredor duns oito anos atopáronse hoxe  día 26 de xullo ao ir recoller aos seus fillos que a empresa lle comunicaba que a partir de mañán deixaban de prestar este servizo.

    O malestar creado entre os proxenitores é tremendo xa que da noite para a mañán se atopan co problema de non ter  quen se ocupe dos seus fillos mentres eles están a traballar.

    A empresa, coa que puidemos poñernos en contacto ao longo da mañán  comunicounos que  tomou  esta decisión, que non foi fácil  ( son moitos os anos que están a prestar o servizo no Concello de Cuntis sen ter habido nunca ningún tipo de problema,) debido a que a pesar de levar dende xaneiro sen contrato e sen cobrar  e de resultar as adxudicatarias no concurso que se licitou, debido a un erro que o concello non considerou solventable,  vai ser outra a empresa que continúe prestando o servizo a partir do mes de setembro.

    A representante da empresa manifestaba a súa estupefacción cando lle dicían de continuar ata setembro.: Como poden pedirnos que sigamos traballando se nos van botar á rúa, e seguen sen pagarnos e sen contrato?

    Ante a presión da empresa ao non poder pagar as nóminas dos empregados, o alcalde pagoulles parte do que lle debían pero áinda están pendentes a s mensualidades a partir do mes de maio

    O pasado venres, comnicáronlle por escrito ao Concello que hoxe se interrumpiría o servizo.

    Dende o Partido Popular queremos manifestar que nos parece lamentable que se chegue a esta situación. É certo que xa se viñan escoitando queixas dende que o servizo do Cuntilín deixou de ser xestionado dende o departamento de Cultura e pasou a mans de Servizos Sociáis na actual lexislatura pero nunca imaxinamos que se poidera chegar a esta situación tan grave xa que estamos a falar de case 90 cativas e cativos inscritos no programa o que supón unha chea de famiias as que están a ser perxudicadas.